No curso 2008/09 comenzamos a traballar os xogos populares como parte dun proxecto plurianual. Os nosos xogos foron:
- Educación Infantil: A Roda e A zapatilla por detrás.
- 1º ciclo de Educación Primaria: Os birlos e a Petanca.
- 2º ciclo de Educación Primaria: O Brilé e As Bolas.
- 3º ciclo de Educación Primaria: A Corda e O Pano.
No 1º e 2º trimestre escollemos os xogos e traballamos as súas regras e recitados, aprendimos a xogar e fixemos exhibicións de xogos onde cada ciclo amosaba o seu xogo ao resto, no 3º trimestre fixemos os campionatos e houbo agasallos para os tres finalistas de cada xogo.
Foi unha maneira moi divertida de coñecer os xogos dos nosos pais, nais e avós, de ensinarnos uns a outros, de aprender a convivir e compartir, de adquirir bos hábitos e de disfrutar ao aire libre.
Estas son as fotos dos nosos xogos.