CONTO ACUMULATIVO "HABÍA UNHA VEZ..." : A NENA QUE NON SABÍA XOGAR.
COMO CADA CURSO ,ENTRE TODOS, ELABORAMOS O CONTO ACUMULATIVO. EMPEZAMOS POLO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E REMATAMOS POR EDUCACIÓN INFANTIL. CADA CURSO ÍA SEGUINDO O CONTO PARTINDO DO FEITO POLOS ANTERIORES. O CONTO TRATA DUNHA NENA QUE SÓ SABE XOGAR COAS VIDEO CONSOLAS E CHEGAN DE VISITA AS SÚAS AVOAS PARA ENSINARLLE A XOGAR AOS XOGOS TRADICIONAIS. ASÍ É COMO DESCUBRE AS VANTAXES DESTE NOVO XEITO DE XOGAR.