"SE COMES UNHA CASTAÑA, LIBERAS UNHA ÁNIMA DO PURGATORIO" con este dito é como relacionamos O SAMAÍN E O MAGOSTO para traballalo conxuntamente. Para O MAGOSTO tamén fixemos UN PALLEIRO cos froitos do outono. Pero o que máis nos gustou...O FILLOEIRO... visitounos un filloeiro que nos fixo filloas ao xeito tradicional e ben que nos gustaron. Houbo moito lambón!