Viva o Nadal e as vacacións!

Hoxe é o último día de cole antes das vacacións. Estamos nervios@s preparando o festival pero seguro que sae xenial!

Dende o EDLG desexámosvos unhas MOI MOI FELICES VACACIÓNS e que o Apalpador e os Reis vos traian mooitas cousiñas.

O NOSO LIBRO DA CASTAÑA





Mirade que preciosidade!

Entre todos, creamos un libro onde recollimos refráns, adiviñas e receitas para facerlle unha pequena homenaxe a ese froito tan saboroso que nos chega no outono:

A CASTAÑA!

Se o queredes ver, estes días está pasando por todas as aulas na hora de lectura. Despois quedará na biblioteca por se queredes velo con máis calma.

CHEGARON AS MALETAS!!!






O pasado 25 de outubro empezaron o seu viaxe polas casas d@s nos@s alumn@s as maletas viaxeiras. Van cargadas con lecturas para que disfrute toda a familia e tamén levan pelis!

Dende o equipo de biblioteca e do EDLG desexámosvos unhas felices lecturas en familia.

CHEGOU O MAGOSTO!!

Despois de comezar a mañá con choiva e non saber moi ben se íamos poder sair a celebrar o Magosto ou non, S. Martiño axudounos un pouquiño facendo que saira un pouco o solciño.

Ás 11 estaban as castañas preparadas por unhas expertas cociñeiras que fixeron un bo lume e asaron unhas saborosísimas castañas.

Unha vez enchidos os bandullos, @s nen@s de Infantil e 1º xogamos ao pano en roda, @s de 2º e3º xogamos ao pano en grupos, e os de 4º, 5º e 6º ao brilé. Pasámolo moi ben, como podedes ver nas fotos, pero ás 12:30 parece que S.Martiño tiña outros deberes e levou o sol para deixarnos outra vez choiva. De todas formas, deunos tempo a comer ben e pasalo xenial!

Grazas S. Martiño!!


O DÍA DO PEÓN

O pasado xoves día 11 celebramos o día do Peón.
Empezaron os nenos de sexto lendo o manifesto que este ano falaba dos xoguetes de antes, os feitos coa imaxinación, un deles o noso peón. Hai que dicir que os tres nenos que leron fixérono de marabilla!!
Despois, cantamos a canción todos xuntos e xogamos durante un bo rato a facer xirar e xirar os nosos peóns tan ben pintadiños. @s alumn@s do cole de Tebra demostraron ser moi expert@s!
Aquí tedes as fotos que reflexan o ben que o pasamos.





O pasado venres dia 29, na hora do recreo @s profesor@s debanamos os nosos miolos para elexir aos mellores calacús.


Foi unha tarefa dificilísima!! todos votamos individualmente e en secreto e ao final decidimos os gañadores:


1.° PREMIO: para Zutioia de 2.° curso co seu calacú de Bob Esponxa, logradisimo!!
2.° PREMIO: para Nayara de EI 5 anos coa sua obra de arte!
3.° PREMIO: para Juan de 2°, con ese calacú con luces que deixaron
abraiad@s
.
4.° PREMIO: para
TODOS
OS CALACÚS RESTANTES!! xa que todos eran MAGNIFICOS!! habíaos simpáticos, monstruosos, enxebres, disfrazados, espantados...


Enhoraboa a tod@s dende o equipo do EDLG e tod@s @s demais profes.

CONCURSO DE CALACUS




As profesoras e profesores do cole estamos totalmente abraiad@s coas marabillas de calacús que fixestes todos os nen@s coa axuda das vosas familias, sodes uns artistas!

Agradecemos a vosa participación, temos en total 65 calacús!
Maña faremos a votación para dar os premios aos tres mellores. Como podedes ver nas fotos, vai ser unha tarefa moi difícil!!!!

Sorte!


Dende o pasado luns, no cole hai un ser misterioso e que parece un monstruo!!!.....
é O TRAGAMEDOS!!!
Grazas a el, os nosos medos e pesadelos desaparecerán.
Anímate e escribe ou debuxa o teu medo para encherlle o bandullo ao tragamedos do CEIP de Tebra.


BENVID@S AO CURSO
2010/2011!




Xa levamos case un mes de clase e queremos darvos a benvida dende o noso equipo que este ano muda de nome!

Agora chamámonos "Equipo de Dinamización da Lingua Galega" e polo tanto o noso acrónimo é EDLG.

Dende aquí seguiremos informándovos das actividades propostas e de todo o que vaiamos facendo no cole.

Un saúdo do EDLG

EXHIBICIÓN FINAL XOGOS POPULARES 2010 (3º Trimestre)






PARA REMATAR O CURSO XOGAMOS Ó BRILÉ, Á CORDA, Á PETANCA, ÓS BIRLOS E Ó PEÓN. E COMO AGASALLO, UNHA VISEIRA PARA TODOS.