FELIZ ANINOVO!!
Aquí estamos de volta, coas pilas cargadas despois dunhas largas e seguro que xeniais vacacións de Nadal.
Hai que empezar o ano con enerxía así que propomos unha nova actividade para estas primeiras semanas: O Taboleiro da Lingua.
Mandarémosvos unha circular explicandovos en qué consiste. Vela aquí vos vai un resumo:
1. Teredes que apadriñar unha palabra, sí sí, seredes os seus padriños e protectores neste cole. Estaredes ao coidado de ensinarllela aos vosos compañeiros para que non se perda. Porque deso se trata, de que busquedes unha palabra do noso marabilloso galego que se utilice pouco, ou só se utilice na vosa zona.
2. Deberedes escribila nun papeliño, escribir tamén a definición para que todos saiban qué significa e, se queredes, facer un debuxo, con moi boa letra!
3.Traerédela ao cole para que @s profes a colguemos no taboleiro que poremos na entrada do cole.
A protexer palabras!!