SAMAÍN 2013

O EDLG do CEIP de Tebra, este curso 2013 - 2014, propuxo para festexar o Samaín coa actividade                

" PRESENTA O TEU MONSTRO"

No vídeo que presentamos a continuación pódense ver algúns dos traballos realizados polo alumnado. Todos os monstros foron expostos na entrada do colexio  e como cremos que foron moi creativos e nos gustaron tanto, imos crear o " Libro dos monstros de Tebra",  para que todos e todas poidamos coller na biblioteca e disfrutar do traballo realizado.

Agradecemos a participación na actividade tanto ao alumnado como ás familias. A dedicación por difundir e manter o uso da lingua galega é un esforzo de todos e todas. Moitas grazas.


XOGOS POPULARES 2013

Un curso máis celebramos unha xornada de xogos populares no colexio.
O alumnado de 6º curso colaborou facendo de monitores dos xogos, e o fixeron moi ben.

Imaxina Cantares!

Este vídeo foi presentado ao concurso Imaxina Cantares! proposto pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nel participou o alumnado de 5º curso coas fotografías realizadas e na gravación do poema.
Noso agradecemento a Xose Lois Romero por permitirnos utilizar o seu tema musical "Branco".
Desexamos que vos guste!

Letras galegas 2013







Ademáis se queredes ver o que fixemos no acto principal  para festexar o Día das Letras Galegas, podedes visitar a páxina web do colexio.
 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdetebra/?q=node/394
Un aplauso ao noso alumnado polo seu esforzo e entusiasmo dedicado a esta actividade. Desexamos que vos guste!