O 11 de Novembro, e seguindo coa tradición, celebramos o Día do Peón coa lectura do Manifesto e facendo bailar os peóns todos xuntos ao ritmo da canción "Como o trompo".
O 24 de Outubro celebramos o Magosto. Despoisde comer ricas castañas tivemos unha xornada de Xogos Populares (Encestar a castaña, Carreira de Sacos, Birlos e O Pano). Como remate xogamos a Encher o bote, que consiste en recoller as cascas das castañas que quedan polo chan.