DÍA DO PEÓN 2017


Polo San Martiño, celebramos o Día do Peón.

SAMAIN 2017

 ENTREGA DE AGASALLOS



Neste Samaín, os nenos e nenas encheron o cole de personaxes monstruosas.

XOGOS POPULARES 2017

Como cada ano, chegando á recta final do curso, celebramos unha xornada de xogos populares. Ao remate da xornada e para que se refrescasen os participantes, repartíronse uns xeados. Disfrutade do vídeo!

Meco 2017

Este ano os alumnos de 6º de Educación Primaria sorprendéronnos a todos coa elaboración dunha Meca! Temos que recoñecer que quedou fermosísima. Como o ano pasado, as mandas foron acumulativas de xeito que o último día aparecimos disfrazados de bruxa (sombreiro de pico, lunar e roupa escura). Velaquí podedes  comprobar neste vídeo o ben que o pasamos.

Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro, co gallo do homenaxe á figura de Rosalía de Castro, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria fixeron un mural cos versos do poema Adiós ríos, adiós fontes e plasmaron a súa creatividade cunha caricatura da autora.



Apalpador

Concurso de cartas ao Apalpador 2016


Xa chegaron os agasallos do concurso para os premiados polas súas cartas solidarias.
Aquí tendes a carta que lles enviou o Apalpador.


Aquí tendes a entrega dos agasallos aos nenos/as premiados no concurso. Noraboa a todos!


PREMIOS APALPADOR 16/17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker