A BEFANA VISITOU O COLE NESTE NADAL

A Befana chegou ao colexio de Tebra voando coa súa vasoira. Malia o temporal, puido viaxar para estar cos nenos e coas nenas e repartirlles caramelos.

A LENDA DA BEFANA

Ola, nenas e nenos de Tebra. Queremos contarvos unha historia que ten por protagonista a unha bruxa velliña e sorrinte que lles entrega agasallos no Nadal a todas as nenas e nenos que foron bos durante o ano. Ela chámase Befana e vive en Italia.Os nenos e nenas de 4º de Primaria explícanvos neste vídeo quen é. Estade moi atentos e atentas ao que vos din no final porque pode que pronto a coñezades.

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

Para cumprir coa tradición, polo San Martiño asamos as castañas e xogamos co peón. Tamén nos divertidos con outros xogos populares. Foi unha xornada solleira e de convivencia entre nenos e nenas.

SAMAÍN 2018

Neste Samaín, , os nenos e nenas do colexio decoraron as portas das aulas. Crearon uns estupendos monecos que representaban seres monstruosos ou criaturas malignas propias de diferentes países do mundo polos que recibiron agasallos. Disfrazáronse para festexar na véspera do día dos mortos. Unhas fotos cos rostros demacrados do profesorado decoraron a porta de entrada ao centro.

XOGOS POPULARES 2018

Día de divertimento e de agasallos na derradeira actividade do EDLG deste curso.

LETRAS GALEGAS 2018

Este ano homenaxeamos a Mª Vitoria Moreno, entregamos os agasallos do concurso de vídeos Cinetubers e bibliotubers e o alumnado de sexto explicounos (dun xeito dinámico e divertido) o que aprenderon sobre o cine. 1º Premio do concurso Cinetubers e bibliotubers 2º Premio para Mara e Lucas

ENTREVISTA A MARÍA ALONSO, A TRADUTORA DE MALALA E O LAPIS MÁXICO


Entrevista a María Alonso, a tradutora de Malala e o lapis máxico

O día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, visitounos María Alonso. María traduciu ao galego un libro que conta a historia dunha muller valente e intelixente que loita polos seus ideais, Malala.
María falounos do seu traballo como tradutora e convertémonos en entrevistadoras e entrevistadores por un día. Foi unha experiencia moi interesante!

APALPADOR 2017


Música de Malvela e ilustracións do conto O Apalpador de Xoán G.