A BEFANA VISITOU O COLE NESTE NADAL

A Befana chegou ao colexio de Tebra voando coa súa vasoira. Malia o temporal, puido viaxar para estar cos nenos e coas nenas e repartirlles caramelos.

A LENDA DA BEFANA

Ola, nenas e nenos de Tebra. Queremos contarvos unha historia que ten por protagonista a unha bruxa velliña e sorrinte que lles entrega agasallos no Nadal a todas as nenas e nenos que foron bos durante o ano. Ela chámase Befana e vive en Italia.Os nenos e nenas de 4º de Primaria explícanvos neste vídeo quen é. Estade moi atentos e atentas ao que vos din no final porque pode que pronto a coñezades.

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

Para cumprir coa tradición, polo San Martiño asamos as castañas e xogamos co peón. Tamén nos divertidos con outros xogos populares. Foi unha xornada solleira e de convivencia entre nenos e nenas.

SAMAÍN 2018

Neste Samaín, , os nenos e nenas do colexio decoraron as portas das aulas. Crearon uns estupendos monecos que representaban seres monstruosos ou criaturas malignas propias de diferentes países do mundo polos que recibiron agasallos. Disfrazáronse para festexar na véspera do día dos mortos. Unhas fotos cos rostros demacrados do profesorado decoraron a porta de entrada ao centro.