MAGOSTO 2019


Como todos os anos celebramos o Magosto (8 novembro) co tradicional asado de castañas e unha xornada de Xogos Populares onde incluimos o xogo do Peón.


SAMAÍN 2019

Este ano celebramos o Samaín ( 30 de outubro) cun concurso as familias de creación de personaxes  terroríficos ou misteriosos, con material de refugallo, creados a partir de experimentos científicos. Todos os participantes tiveron agasallos e houbo 3 premios por categoría. O alumnado puido vir disfrazado. Tamén fixemos o "truco-trato" de Hallowen polas aulas do colexio.



XOGOS POPULARES 2019

Como todos os anos  celebramos a xornada de Xogos Populares o xoves 20 de xuño contando coa colaboración do alumnado de 6º EP como monitores. Os xogos deste curso 18/19 foron:
- Recollida de hortalizas
- Carreiras duales
- Carreira de caixas
- Bolos celtas
- Xogo da cadeira
- Soga-tira
Ao remate entregamos uns agasallos a todos os nenos/as.

LETRAS GALEGAS 2019


Este ano 2019 homenaxeamos nas LETRAS GALEGAS a ANTÓN FRAGUAS con diversas actuacións do noso alumnado, dende unha obra de títeres ata unha canción de rap.


ENTROIDO 2019

MANDAS E QUEIMA DO MECO


ROSALÍA DE CASTRO, A POETA QUE DENUNCIABA A INXUSTIZA SOCIAL

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía coa colocación dun mural elaborado por todo o alumnado do colexio. Con este mural e os fragmentos da súa poesía, queriamos denunciar as inxustizas sociais igual que o fixo ela no seu tempo.