MAGOSTO 2020

O venres 20 de novembro celebramos o magosto no noso cole.

Aínda que non fixemos os xogos populares coma tódolos anos, si que asamos as castañas que todos aportáchedes. Estaban boísimas!

Tamén xogamos durante toda a semana ó peón nos recreos e coa profe Marta xogamos a diferentes xogos populares. MIRADE QUE BEN O PASAMOS!

PREMEDE AQUÍ PARA VER AS FOTOS





SAMAÍN 2020

FOTOS SAMAÍN 2020 (PREMER) 

 VIDEOS GAÑADORES DO CONCURSO DE SAMAÍN


1º PREMIO: DIEGO MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ (1º EP)

2º PREMIO: LUCAS SILVA BECERRO (4º EP)

3º PREMIO: SOFÍA E CELIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ (5º EP E 1º EP)

PARABÉNS AOS GAÑADORES E GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR!!! 

ENLACE VIDEOS (PREMER)

SAMAÍN 2020

 SE QUEREDES XOGOS, CANCIÓNS E VIDEOCONTOS SOBRE O SAMAÍN...AQUÍ TEDES PARA DIVERTIRVOS :  

XOGOS SAMAÍN

SAMAÍN 2020

 

    Achégase o SAMAÍN e queremos propoñervos un concurso: animamos a todos os nenos e nenas do cole de Tebra que coa colaboración das súas familias graven en vídeo unha pequena historia de medo.

As bases son as seguintes:

- Non se admitirán participacións grupais, a excepción dos irmáns 

-Só se admitirá unha participación por familia

- O prazo para envialo por correo electrónico (edlgtebra@gmail.com)remata o luns 26 de outubro

- No @ incluír ademais do vídeo o nome e curso do alumno/a e o título da historia

** O venres 30 o alumnado de EP poderá vir disfrazado SEN accesorios**


Letras Galegas 2020

     A crise do coronavirus  obligou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas. Nembargantes A Real Academia Galega,  decidiu pospor esta celebración  que cada ano se celebra o 17 de maio ata o mes de outubro. Será entón, cando se leven a cabo os actos que este ano adica as Letras Galegas á  figura de Ricardo Carvalho Calero.

    A data elexida para celebralo será o 31 de outubro, xusto o día despois da conmemoración do 110 aniversario do nacemento do intelectual ferrolán.

 


 

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO

O alumnado de 1º, 2º e 3º de EP do noso centro fixo, como ven sendo habitual nestes últimos anos, un  intercambio lingüístico cos alumnos/as  de 1º e 2º  de EP do CEP Pedro Caselles.
 

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA .
Estas foron as actividades que fixeron as nenas e nenos de Educación Infantil e  1º e 2º curso de Educación Primaria para conmemorar esta celebración.
 


ENTROIDO 2020

Como todos os anos o Meco mandounos disfrazar coas súas mandas do coñecido científico Einstein.

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO

Dentro das actividades propostas para o intercambio lingüístico co CEIP de GOIÁN a mestra de educación artística xunto co alumnado de 3º,4º,5º e 6º de EP fixeron as gravacións de pequenas obras teatrais  inventadas por eles e elas conmemorando o "DÍA DA DISCAPACIDADE".

3º EP: "Un coxo chamado Xavi" (trata sobre a coxeira dun traballador por un accidente laboral).

4º EP: "As aventuras dos nenos" (narra a historia de 2 nenos invidentes).

5º EP: "A orde dos Coleguis"  (conta a aventura dunha nena xorda que cun grupo de amigos salva o seu colexio)

6º EP: "A historia de Manolo" (trata sobre un home invidente  que coñece a unha nena que o axuda)