INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO

Dentro das actividades propostas para o intercambio lingüístico co CEIP de GOIÁN a mestra de educación artística xunto co alumnado de 3º,4º,5º e 6º de EP fixeron as gravacións de pequenas obras teatrais  inventadas por eles e elas conmemorando o "DÍA DA DISCAPACIDADE".

3º EP: "Un coxo chamado Xavi" (trata sobre a coxeira dun traballador por un accidente laboral).

4º EP: "As aventuras dos nenos" (narra a historia de 2 nenos invidentes).

5º EP: "A orde dos Coleguis"  (conta a aventura dunha nena xorda que cun grupo de amigos salva o seu colexio)

6º EP: "A historia de Manolo" (trata sobre un home invidente  que coñece a unha nena que o axuda)