BO NADAL

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega dexésavos Bo Nadal!

Recomendacións lectoras  A NOSA MASCOTA

Voltamos 0 día 10 de xaneiro.


TANXUGUEIRAS, palabra do ano 2021 


Nadal en Tebra

 O vindeiro martes teremos unha visita moi especial! "Antón e o apalpador", un conto para todas as nenas e nenos do centro.

 ANTÓN E O APALPADOR. CASTRO LIMA, MANUEL ; AMEIJEIRAS SÁNCHEZ, MARÍA DEL  MAR. 9788461433209 Librería Trama

Frankestein, treme o misterio

 







O 30 de novembro, subvencionado polo centro, as nosas alumnas e alumnos, asistiron on line, a esta representación. E o día 3 de decembro, mativeron un encontro cos actores.

Escolares 2021-22. FRANKENSTEIN, TREME O MISTERIO... en AfundaciónTV


TÍRALLE DA LINGUA

 O noso Diego participou neste concurso, e podedes ver o seu traballo e os demais que participan, entrando neste enlace



XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

O Consello da Cultura Galega presenta Xogos Tradicionais Galegos, un proxecto elaborado en colaboración co Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego.


TANXUGUEIRAS

 O grupo lánzase en galego ao certame no que TVE escollerá representantes para eurovisión.

 

O MAGOSTO EN TEBRA

 Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos facendo o magosto

 



O chineiro da tía María

 O 9 de novembro as nenas e nenos de educación infantil, 1º, 2º e 3º asistimos a un contacontos, subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Linguística.

Preme na imaxe 

MAGOSTO EN TEBRA!










                        

Gaudi Galego

 

O Goberno español distingue Guadi Galego co 'Meninas' .  Os premios concédense con motivo do 25 de novembro, día internacional pola eliminación da violencia sobre a muller.

 A Federación de  Asociacións de Mulleres Rurais da Galiza (Fademur), a artista Guadi Galego, o Foro Feminista de Lugo, Xeracción Sociedade Cooperativa  Galega e a "referente feminista" Paloma Rodríguez, a título póstumo, reciben os recoñecementos 'Meninas' pola súa loita pola igualdade, segundo o fallo publicado  polo xurado presidido polo delegado do Goberno en Galicia


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 





PREME AQUÍ PARA VER MÁIS SOBRE ESTA CELEBRACIÓN!

CONCURSO POLO SAMAÍN

 

Infantil 

1ºpremio Saúl


2º premio Teo



Primeiro ciclo

 1º premio Eloy


 2º premio Iria

Segundo ciclo 

1º premio Aitor P.

2º premio Yisela

Terceiro ciclo

1º premio Paula


2º premio Nerea


   

O SAMAÍN


"Polo Samaín,
as meigas veñen a min
e asustanme sen fin."

 

 ESTAMOS XA PREPARADOS PARA O SAMAÍN!

Lembrade que o venres 29 coñeceremos as gañadoras e gañadores de concurso e que ese día, podemos vir disfrazados!




 

 


"Cunchiña" é a mascota oficial do Xacobeo 21-22.

Temos que estar moi atentas e atentos porque nos vai ir dando os avisos para traballar o Proxecto Documental Integrado do cole este curso   "O Camiño de Santiago"
Tamén nos indicará as conmemoracións que celebraremos ao longo do curso.

Non a perdades de vista...

 26 de setembro, Día Internacional das linguas


 
 
 

Ola! eu son Martiño 
e quero darvos a benvida ao novo curso que comezamos con ganas e ilusión!

 

AGASALLOS DE FIN DE CURSO!

 Hoxe tiñamos previsto realizar a tradicional XORNADA DE XOGOS POPULARES GALEGOS pero, por mor da chuvia, tivemos que cancelala. 

Aínda así, celebramos a fin de curso cuns agasallos do EDLG para todo o alumnado e profesorado do centro: plantiñas e frisbees para tod@s! Necesitábamos darvos as grazas por toda a vosa colaboración co EDLG ó longo deste curso. 


DESEXÁMOSVOS UN FELIZ VERÁN!

 

 PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS DOS AGASALLOS



Gañadores do Concurso das Letras Galegas 2021

Como podedes ver na exposición do corredor, este ano houbo moita participación e foi dificilísimo elixir os gañadores pero aquí os temos. Moitas grazas a todos e todas por participar!

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS DOS GAÑADORES E O RESTO DE ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



Educación Infantil

- 1° premio: Sergio Mendez Santana


- 2° premio: Sira Cedeira García


1° e 2° Educación Primaria

- 1° premio: Nora Cedeira García



- 2° premio: Rosalía Hang Paredes Fernández
 



3° e 4° Educación Primaria 

- 1° premio: Aitana Mariño Pousadela


- 2° premio: Lucas Silva Becerro
 



5° e 6° Educación Primaria 

- 1° premio: Carmen Pousa Miranda
 
 
 
 
 
- 2° premio: Sofía Rodríguez Rodríguez
 





XOGOS INTERACTIVOS EN GALEGO FEITOS POLO ALUMNADO DE 6ºEP

 Xogo EI animais

Xogo EI palabras

Xogo 1º e 2º EP

Xogo 3º e 4º EP

Xogo 5º e 6º EP

LETRAS GALEGAS 2021 EN TEBRA

 Fixemos un mural xigante de Xela Arias....



Dramatizamos relatos do libro Contos ó teléfono de Gianni Rodari, que Xela Arias axudou a traducir por primeira vez ó galego....

PREME AQUÍ PARA VERNOS EN ACCIÓN

Organizamos un concurso de portadas para Educación Infantil e un concurso de relatos para Educación Primaria. Houbo moitísima participación e así quedou o noso corredor! 

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS DOS GAÑADORES E O RESTO DE ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS







 

 

LETRAS GALEGAS 2021

 Este ano as Letras Galegas adícanse a Xela Arias. Que sabedes dela? Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que a coñezades mellor. Preme aquí para ver toda a serie documental.




Estás listo para xogar? Preme aquí para ir ós xogos interactivos sobre Xela Arias. Tamén atoparás nesta web outros recursos en liña e descargables.






DÍA DE ROSALÍA 2021

 O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cun mural de caligramas no que colaborou todo o colexio. Tamén saímos ó patio a cantar A Rosalía (No bico un cantar). Para ver as fotos e vídeos dese día preme aquí.

í.




ENTROIDO 2021

Así celebramos o Entroido no noso cole: mandas do meco, desfile e discurso do meco!

PULSA AQUÍ para desfrutalo con nós!




O xoves 11/02 traeremos...

 


O mércores 10/02 haberá que traer...




O martes 9/02 haberá que traer....


O luns 8/02 haberá que cumprir a seguinte manda do meco:


DÍA DA PAZ 2021

 O pasado 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da non violencia no noso cole, cantando a nosa propia versión en galego da canción Imagine de John Lennon, grazas á nosa mestra de música.

Se queres escoitala pincha aquí.

NADAL 2020

 Este ano, para celebrar o Nadal, organizamos un concurso de postais grupais. Cada clase fixo a súa e expuxéronse para que tódolos nenos e nenas do cole puideran votar a súa favorita.

Despois dun difícil reconto, a postal gañadora foi a de 4º de Educación Primaria! NORABOA! Este grupo gañou un lote de libros para a súa aula, grazas á colaboración do Equipo de Biblioteca. A segunda postal máis votada foi a dos DINOS e a terceira a de 5º de Educación Primaria. 

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!

PREME AQUÍ PARA VER AS POSTAIS E OS GAÑADORES

 Finalmente, aínda que este ano non nos puideron visitar os Reis Magos, deixáronnos un buzón real para recoller as nosas cartas e unhas lambetadas para alegrarnos as vacacións. FELIZ 2021!

PREME AQUÍ PARA VER A RECOLLIDA DE CARTAS