30 de xaneiro, Día da Paz e da non Violencia.
NON HAI FRONTEIRAS
ATURUXA CANDA MIN:
Defender a Paz, promover o respecto e o entendemento entre as persoas, independentemente dos seus ideais, procedencia, cultura, relixión...
Tal día como hoxe, en 1886, nacía en Rianxo, Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.
Coincidindo con este día celébrase en Galicia, o día da Ilustración.
Con motivo do Día de Rosalía, o Equipo de Biblioteca e o EDGL do CEIP de Tebra organizan un concurso de recitado de poemas da autora.O alumnado poderá participar individualmente, en parellas, en grupos ou acompañados dun membro da súa familia. Neste último caso os familiares deberán ensinar o certificado de vacinación para acceder ao centro.A actividade consiste en escoller un poema (en galego ou castelán) da autora e recitalo de xeito expresivo e escenificado nun acto que celebrará no cole. Os pormenores desta conmemoración (horario, etc.) serán publicados neste blog nos días seguintes ao peche da inscripción.A incripción realizarase a través das titoras. A data límite é o 7 de febreiro.
Contacontos bilingüe, en galego e inglés, para todo o alumnado do centro, de Trémola teatro, o venres 21 de xaneiro.
Podedes ver fotos AQUÍ
A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras de 2022 a Florencio Delgado Gurriarán.
Naceu en Valdeorras en 1903 e formouse como avogado. Membro activo de Partido Galeguista e colaborador das Irmandades de Fala ou o Seminario de Estudos Galegos.
Tivo que exiliarse a México, en 1939 para fuxir de represión franquista.