ou Día da Candeloria, celébrase o 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno.
A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.
Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro..
A candeloria. Amado Carballo
Na catedral do abrente
hoxe cásanse os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.
Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibéns soben no lonxe
como rosarios de encenso.
O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.
Vai tocando polo campo
a súa zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.
O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dálles a beizón nupcial.
Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa desta noite
estrena un luar o campo.
Luís Amado Carballo, Proel, 1927