GRAND PRIX FINANCEIRO

Grazas a esta actividade organizada gratuitamente por Afundación no noso centro, o pasado 16 de novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tomou consciencia da gran tarefa que é administrar as finanzas persoais. 

Para ver as fotos dese día, preme AQUÍ.



FELIZ MAGOSTO E SEMANA DO PEÓN!

 A pasada semana celebramos a semana do peón e o Magosto no noso centro con xogos, agasallos e merendas.



O luns, martes e mércores xogamos ó peón e á buxaina e completamos o noso carné de xogador/a. 

O venres asamos e comemos castañas e participamos en xogos populares, dirixidos polo alumnado de 6º.

Preme AQUÍ para ver as fotos.

O SAMAÍN NO NOSO COLE

O pasado venres 28 de outubro celebramos o SAMAÍN e HALLOWEEN no noso colexio, con desfraces e premios! 

Que medo pasamos! 





 Os gañadores do concurso de Samaín foron... 

 EI: Marta e o seu irmán Diego de 3ºEP. 
1º ciclo: Mario de 2ºEP. 
2º ciclo: Sira de 3ºEP e os seus irmáns Nora e Leo de 4ºEP. 
3º ciclo: Aitor Pérez de 5ºEP. 

 Parabéns ós/ás gañadores/as e a todos/as os/as participantes! 

 Preme aquí para ver as fotos dese día.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares no noso centro e por fin comezaron a viaxar as maletas viaxeiras. 

Nelas atoparedes material en Galego, Inglés e Castelán! 

Viva o plurilingüismo! 

 Preme aquí para ver as fotos dese día!