VIVA O NADAL!

 Antes de marchar de vacacións, deixamos as nosas cartas para os Reis e o Apalpador no buzón real. Tamén fomos ó cine a Vigo e celebramos as badaladas para despedir o 2023. Bo Nadal!

Ilustración do apalpador. Rosamf. Wikimedia. CC BY-SA.


Para ver as fotos preme AQUÍ.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Esta semana celebramos no colexio unha xornada de xogos sensoriais para experimentar a privación de diferentes sentidos e así empatizar coas persoas con diferentes capacidades.

Para desfrutar desta experiencia con nós, preme AQUÍ.



DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o 25 de Novembro quixemos transmitir os nosos desexos contra a violencia de xénero a través da decoración de camisetas con mensaxes en diferentes linguas.

Se queres ver as nosas mensaxes preme AQUÍ.

VIVA O MAGOSTO E A SEMANA DO PEÓN!

 A semana do 6-10 de novembro celebramos a semana do peón no noso cole, xogando durante os recreos e enchendo de selos os nosos carnés de xogadores e xogadoras! 

Por mor da choiva non puidemos celebrar o magosto o 10 de novembro como tiñamos previsto, pero por fin o venres 17 de novembro chegou o momento de asar e degustar as castañas que todas as familias trouxeron! 

E, para rematar a festa, participamos nos xa tradicionais xogos populares do Magosto! 

Preme AQUÍ para ver as fotos.

GAÑADORES DO CONCURSO DE SAMAÍN

Este curso houbo unha participación excepcional e foi dificilísimo escoller ós calacús gañadores. Noraboa a todos os participantes!!!


1º PREMIO: Teo (EI) con A casa da fada da paz.


2º PREMIO: Saúl (1º EP) con A tenebrosa cabaza.


3º PREMIO: Mario (3º EP) con A cagada do calacú.


4º PREMIO: Zaira (1º EP) e Naín (6ºEP) con O doutor Frankenstein.


E como houbo tantos calacús terroríficos, decidimos dar tres premios máis!

 Xavi (2º EP) con Lis.


Celia D. (4º EP) con A calacú asasina.


 Anxo (5º EP) con O morcego calacú.

Para ver o resto das fotos do Samaín no noso cole PREME AQUÍ.


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, a nosa mascota de Bibliotebra deixou pistas por todo o cole para descubrir o PDI deste curso, os medios de comunicación. Despois comezaron a viaxar as mochilas viaxeiras. Nelas atoparedes material en Galego, Inglés e Castelán! 






 Preme aquí para ver as fotos dese día!

ACHÉGASE O SAMAÍN...

Se tedes ganas de pasalo de medo, podedes ler un dos conxuros do libro, ver unha película de meigas ou xogar coas cabazas!!!



XORNADA DE XOGOS POPULARES


Para celebrar que chegan as vacacións, hoxe celebramos unha xornada de xogos populares no noso colexio para todo o alumnado. Tamén repartimos agasallos para todas e todos, unha bolsilla de tea para as merendas feita polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Moitísimas gracias pola vosa colaboración!! BO VERÁN!!

Preme AQUÍ para ver as fotos.


LETRAS GALEGAS 2023

 O venres 19 de maio desfrutamos dunha obra de teatro sobre "Paco" no noso cole. 


Tamén o alumnado de Educación Infantil fixo unha exposición sobre xoguetes tradicionais. Coñécelos todos?


Se queres ver máis fotos dese día preme AQUÍ.

XOGAMOS CON FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO?

 Para ver máis xogos preme AQUÍ.

COÑECENDO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 Esta serie documental de 6 episodios achéganos ó autor conmemorado nestas Letras Galegas. Preme para vela.


CONTINUAMOS CO INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO...

 Esta semana recibimos de novo cartas do alumnado do CEIP Pedro Caselles Beltrán. Agora tócanos a nós!



FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA ARTE

 O pasado martes 18 o alumnado de Educación Infantil asistiu a FRIDA, unha obra de teatro inspirada na vida da pintora Frida Kalho, organizada polo Concello de Tomiño. Feliz Día internacional da arte!

Preme AQUÍ para ver as fotos.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - 8M

Para conmemorar este día, cada clase investigou unha muller destacada e fixemos unha exposición conxunta polo colexio. Preme a continuación para ver o noso traballo.


DÍA DE ROSALÍA

 O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía coa inauguración da nosa radio, adicando un programa especial a esta gran poetisa. 

Escoita o noso programa AQUÍ.


XOGAMOS CON ROSALÍA?

MANDAS DO MECO


Xa chegou o meco! Este ano é unha fusión entre unha comadre e un compadre. Dende hoxe ata o día do Entroido estade atentos ás súas mandas.


PRIMEIRA MANDA...


SEGUNDA MANDA...



TERCEIRA MANDA...


CUARTA MANDA...

 
Para ver toda a celebración do entroido preme AQUÍ.



TODAS E TODOS CONTAMOS



Grazas á oferta de Afundación, o pasado 6 de febreiro, a Fundación Igual Arte realizou no noso centro unha xornada escolar inclusiva con actividades para a arte e a creatividade, impartidas por persoas con diversidade funcional. O alumnado asistiu a tres obradoiros:
  • GLOBOFEXIA,
  • CONTACONTOS E OBRADOIRO  "A FAMILIA"
  • CIRCUITO CIRCENSE 

Para ver as fotos dos obradoiros preme AQUÍ.

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A semana pasada recibimos unha sorpresa moi especial en Tebra. O alumnado de 5º de Educación Primaria do CEP Plurilingüe Pedro Caselles escribiu cartas en galego ó noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Recibímolas cunha gran ilusión e agora nos toca a nós contestar!

 


Para ver as fotos preme AQUÍ.

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da paz en Tebra. Cada grupo traballou un personaxe relevante para a PAZ e fixemos un mural entre todos. Despois xuntámonos todos no pavillón para facer unha sesión conxunta de Ioga dirixida pola mestra de Educación Física.


Para ver as fotos preme AQUÍ.

CARTAS DE NADAL

Antes de marchar de vacacións, deixamos as nosas cartas para os Reis e o Apalpador no buzón real. Tamén fomos ó cine a Vigo e celebramos unha festa de Fin de ano para despedir o 2022. Que todos os nosos desexos se fagan realidade!

Ilustración do apalpador. Rosamf. Wikimedia. CC BY-SA.


Para ver as fotos preme AQUÍ.