SEMANA DO PEÓN

 A semana pasada, dende o luns 11 de novembro ata o venres día 15, tivemos uns recreos aínda máis divertidos do normal...porque celebramos a semana do peón!

Tocounos xogar con nosos queridos peóns, divertímonos moito e aprendemos un montón de trucos novos, ata os mestres e as mestras se animaron!

Esperamos que vos guste este resumos da semana. Se queredes ver como nos divertimos PREME AQUÍ.

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO

O noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu esta semana unha grata sorpresa! Chegaron cartas do alumnado de 5º de Educación Primaria do CEP Pedro Caselles Beltrán, que leron con gran ilusión e agora escribirán as súas respostas. 

Comeza a correspondencia!

MAGOSTO 2024

 A pesar da choiva e aínda que tivemos que retrasalo un pouco, o final puidemos celebrar un gran Magosto! 



Xa tiñamos ganas de zampar castañas así que as comemos con moito gusto, o bo é que despois fixemos diferentes xogos populares para facer algo de deporte :)

Se queredes ver a nosa celebración e o ben que o pasamos preme AQUÍ.


GAÑADORES DE SAMAÍN 2024

Este curso houbo unha participación excepcional e foi dificilísimo escoller os gañadores. Tivemos moitísimos personaxes  misteriosos e terroríficos da nosa cultura galega fancéndonos compañía! 



Así que grazas a todos os participantes e as participantes, e noraboa aos gañadores!!!


1º PREMIO:  Luca (1ºEP) con A bruxa.






2º PREMIO: Mario (4º EP) con O Tardo de Tebra



3º PREMIO: Saúl (2º EP) con A Santa Compaña



Para ver o resto das fotos do Samaín no noso cole PREME AQUÍ.


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024

 O pasado 24 de outubro celebramos a reapertura da BiblioTebra cunha invitada excepcional, Susa Herrera. Moitas grazas por vir a cantar con nós! 

Tamén se entregaron as mochilas viaxeiras a tódolos cursos. Comeza a viaxe!

XOGOS DE SAMAÍN

 

CONCURSO DE SAMAÍN 2024

 

Aproveitamos para propoñerlle a todo o alumnado do cole un concurso de Samaín: elaborar personaxes terroríficos ou misteriosos da cultura popular galega empregando maioritariamente materiais de refugallo.

  • Participación voluntaria e individual (a excepción de irmáns).

  • Realizarase en casa coa colaboración da familia.

  • Data límite de entrega o venres 25 de outubro.

  • Acompañarase dunha tarxeta que inclúa: nome completo, curso e nome do personaxe, escrito en galego.

  • Valorarase a orixinalidade e a creatividade.

  • Os premios daranse o 30 de outubro e publicaranse no blog.


Tamén queremos recordarlles que o mércores, día 30, o alumnado de primaria que o desexe poderá vir disfrazado. Infantil fai o disfrace no centro.


Moitas grazas pola súa colaboración e mans á obra!

Un saúdo

CHEGOU O OUTONO!

 Adiviñas de outono

XORNADA DE XOGOS POPULARES

Para despedir este curso, o xoves 20 todo o alumnado e profesorado do centro desfrutamos dunha xornada de xogos populares no centro: comba, pita cega, dianas... Pasámolo en grande! Tamén o EDLG repartiu botellas reutilizables de vidro como agasallo pola vosa participación ó longo de todo o curso. BO VERÁN!!!

Preme AQUÍ para ver as fotos.

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2024

 





Moitas grazas pola vosa participación! Que gran variedade de instrumentos! 

E os gañadores foron...
Lara (EI) e a súa irmá Vega (4º EP) coa batería.
Elena (1º EP) coa pandeireta.
Sergio (2º EP) coa arpa.

Se queres ver máis fotos da nosa celebración preme AQUÍ.

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano a autora homenaxeada das Letras Galegas é Luísa Villalta. Apetéceche escoitar unha canción composta con versos dos seus poemas?

 

 Se queres coñecela un pouquiño mellor, prepárate para xogar!


Podes atopar máis xogos, vídeos e información sobre Luísa nas seguintes páxinas:

CONTACONTOS BILINGÜE

A pasada semana todo o alumnado do centro desfrutou na biblioteca dun contacontos teatralizado bilingüe galego-inglés Eva in Antarctica a cargo da compañía Trémola teatro, enmarcado dentro do programa plurilingüe do centro.

Para ver as fotos preme AQUÍ.

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO

 Hoxe o noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu a resposta ás
cartas que escribiron ó alumnado de 6º de Educación Primaria do CEP Pedro Caselles. 
Que emoción!


DÍA DE ROSALÍA 2024


Para celebrar o Día de Rosalía no noso cole, este ano desfrutamos dun contacontos teatralizado grazas a Trémola Teatro. Tamén realizamos outras actividades plásticas como marcapáxinas, murais, libriños...

Para ver as fotos preme AQUÍ.

 

MANDAS DO MECO E ENTROIDO 2024

 Comezamos cos mandatos do meco! Estades preparados? 






Para ver como cumprimos os mandatos do Meco e o seu testamento, preme AQUÍ.

Para ver o resto da celebración do Entroido no noso cole, preme AQUÍ.





XOGAMOS Ó TABÚ?

Serás quen de adiviñar?

TEMPADA DE FROITAS

As próximas dúas semanas celebraremos as Semanas da froita no cole e comeremos unha froita diferente cada día! Coñécelas todas?