Aproveitamos para propoñerlle a todo o alumnado do cole un concurso de Samaín: elaborar personaxes terroríficos ou misteriosos da cultura popular galega empregando maioritariamente materiais de refugallo.
- Participación voluntaria e individual (a excepción de irmáns). 
- Realizarase en casa coa colaboración da familia. 
- Data límite de entrega o venres 25 de outubro. 
- Acompañarase dunha tarxeta que inclúa: nome completo, curso e nome do personaxe, escrito en galego. 
- Valorarase a orixinalidade e a creatividade. 
- Os premios daranse o 30 de outubro e publicaranse no blog. 
Tamén queremos recordarlles que o mércores, día 30, o alumnado de primaria que o desexe poderá vir disfrazado. Infantil fai o disfrace no centro.
Moitas grazas pola súa colaboración e mans á obra!
Un saúdo