CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA

 

O 23 de febreiro reunímonos para celebrar o día de Rosalía de Castro, unha das escritoras galegas máis coñecidas e símbolo de amor por Galicia.

Inauguramos con emoción o Recuncho de Rosalía. Plantamos roseiras na súa honra: raíces fondas como o seu compromiso co pobo, espiñas que lembran as dificultades que soubo transformar en poesía, e flores que, como os seus versos, seguirán a agromar xeración tras xeración.

Que este recuncho sexa lugar de lembranza e inspiración, onde a palabra siga viva e onde cada rosa lemrbe que a lingua e a cultura son sementes que, se as coidamos, florecen para sempre.

Que o Recuncho de Rosalía floreza sempre, como florece a súa obra nos nosos corazóns.






Prema na seguinte imaxe para ver o vídeo coas fotos.