FELICITACIÓNS EN GALEGO
SAMAIN- MAGOSTO 2009
ESTE ANO NO SAMAÍN FIXEMOS "O LIBRO DAS PANTASMADAS" CON CONTOS, REFRÁNS, DEBUXOS,.. DE MEDO, ENTRE TÓDOLOS CURSOS. OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DISFRAZÁRONSE E TIVERON A SUA MERENDOLA MONSTRUOSA.
NO MAGOSTO ASAMOS AS CASTAÑAS E XOGAMOS ÓS XOGOS POPULARES QUE XÁ COÑECIAMOS DO CURSO PASADO. POR ESTAS DATAS TAMÉN NOS VISITOU "PEPE CARREIRO" PRESENTÁNDONOS OS SEUS NOVOS LIBROS.
DIA DO PEÓN 11-11-09
Este ano celebramos o día do Peón(11-11-09) ,en colaboración coa AGXPT , lendo o manifesto, cantando a canción e facendo un concurso no que gañaba o que máis tempo fixera bailar o peón. Tamén decoramos os nosos peóns e houbo agasallo para o máis orixinal.
VISITA DE ILUSTRADORES AO NOSO COLEXIO
O CURSO PASADO VISITOUNOS O ILUSTRADOR DE CONTOS ABRAHAM CARREIRO COS SEUS LIBROS "A PEL DO CROCODILO" E " O CAZADOR DE CAMBODIA". ESTE CURSO FOI O SEU PAI, PEPE CARREIRO, QUEN SE ACERCOU POLO NOSO COLEXIO. PRESENTOUNOS AS SÚAS DERRADEIRAS PUBLICACIÓNS COINCIDINDO CA TEMPADA NA QUE ESTABAMOS: "OS CALACÚS" E "OS BOLECHAS FAN O MAGOSTO".
REVISTA ESCOLAR 2009
REVISTA ESCOLAR "O DEBANAMIOLOS"
COMO TÓDOLOS ANOS Ó REMATE DO CURSO ENTREGAMOS A REVISTA ESCOLAR QUE RECOLLE TRABALLOS, SAÍDAS, NOVIDADES, FESTAS,... E MOITAS MÁIS NOTICIAS, QUE AO LONGO DO CURSO 2008/09 ACONTECERON NO CEIP DE TEBRA.AQUÍ TEDES UNHA PRIMICIA... A ESPERA DE AMOSAROS TODO O SEU CONTIDO.CONTO ACUMULATIVO 08/09
CONTO ACUMULATIVO "HABÍA UNHA VEZ..." : A NENA QUE NON SABÍA XOGAR.
COMO CADA CURSO ,ENTRE TODOS, ELABORAMOS O CONTO ACUMULATIVO. EMPEZAMOS POLO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E REMATAMOS POR EDUCACIÓN INFANTIL. CADA CURSO ÍA SEGUINDO O CONTO PARTINDO DO FEITO POLOS ANTERIORES. O CONTO TRATA DUNHA NENA QUE SÓ SABE XOGAR COAS VIDEO CONSOLAS E CHEGAN DE VISITA AS SÚAS AVOAS PARA ENSINARLLE A XOGAR AOS XOGOS TRADICIONAIS. ASÍ É COMO DESCUBRE AS VANTAXES DESTE NOVO XEITO DE XOGAR.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)