DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado venres 2 de decembro celebramos no colexio unha xornada de xogos sensoriais para experimentar en primeira persoa a falta dalgún sentido ou movemento dalgunha parte do corpo e o gran esforzo que conleva para as persoas con discapacidade. 

Para desfrutar desta experiencia con nós, preme AQUÍ.





DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 A semana do 25 de Novembro quixemos transmitir as nosas mensaxes contra a violencia de xénero a través de Acrosport e de bolboretas decorando os nosos corredores. 

Se queres ver as nosas mensaxes preme AQUÍ.

GRAND PRIX FINANCEIRO

Grazas a esta actividade organizada gratuitamente por Afundación no noso centro, o pasado 16 de novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tomou consciencia da gran tarefa que é administrar as finanzas persoais. 

Para ver as fotos dese día, preme AQUÍ.



FELIZ MAGOSTO E SEMANA DO PEÓN!

 A pasada semana celebramos a semana do peón e o Magosto no noso centro con xogos, agasallos e merendas.



O luns, martes e mércores xogamos ó peón e á buxaina e completamos o noso carné de xogador/a. 

O venres asamos e comemos castañas e participamos en xogos populares, dirixidos polo alumnado de 6º.

Preme AQUÍ para ver as fotos.

O SAMAÍN NO NOSO COLE

O pasado venres 28 de outubro celebramos o SAMAÍN e HALLOWEEN no noso colexio, con desfraces e premios! 

Que medo pasamos! 





 Os gañadores do concurso de Samaín foron... 

 EI: Marta e o seu irmán Diego de 3ºEP. 
1º ciclo: Mario de 2ºEP. 
2º ciclo: Sira de 3ºEP e os seus irmáns Nora e Leo de 4ºEP. 
3º ciclo: Aitor Pérez de 5ºEP. 

 Parabéns ós/ás gañadores/as e a todos/as os/as participantes! 

 Preme aquí para ver as fotos dese día.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares no noso centro e por fin comezaron a viaxar as maletas viaxeiras. 

Nelas atoparedes material en Galego, Inglés e Castelán! 

Viva o plurilingüismo! 

 Preme aquí para ver as fotos dese día!

XOGOS DE SAMAÍN

Canto sabes do Samaín? Demóstrao xogando con nós...


CONCURSO DE SAMAÍN

 


CHEGOU O OUTONO A TEBRA!

Canto sabes do outono?

Preme aquí para xogar a DOBRES DE OUTONO

Preme aquí para xogar a PALABRAS DE OUTONO


San Xoán

Salto por riba
do lume de san Xoán,
para que non me morda
cadela nin can
nin bicho vivinte
que ande polo chan

Xogos Populares







5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

Hoxe e sempre, coida a nautureza!




Chegou xuño

 INVERNÍA DE SAN XOÁN,

TOLLE O VIÑO

O NON DÁ PAN

pixnio.com




FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 UN GUERRILLEIRO, poema de Florencio Delgado Gurriarán, adaptado por Lara Villaverde e Fran Gómez con música orixinal e arranxos a dúas guitarras

 




CONMEMORACIÓN NO CENTRO

DÍA DAS FAMILIAS

 A avoa Lola, música da banda Música Miúda, con letra e música de Óscar Martínez


CATUXA



Grazas a Lucas Silva por traernos a Catuxa!

E moitas grazas a todas e todos os demais !


Ata sempre Martiño! 

O val de Tebra: os fíos da historia

 "O val de Tebra: os fíos da historia" é unha reportaxe multimedia realizada por Christian Villaverde como Traballo de Fin de Grao de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2020/2021. A finalidade do proxecto é a de percorrer os fitos históricos máis relevantes do val de Tebra a través do seu patrimonio material e inmaterial.

 

de Christian Villaverde

val de Tebra o-proxecto 

Día do Libro

Feliz Día do Libro!
#OvaldeTebra

Comezamos o terceiro trimestre!

🎒 Mochilas
⏰ Espertador
🎬 E acción
o 18 de abril, alá polo 1994, comezaba a emitirse na TVGalicia o Xabarín Club.


Pensatermos, xogas?

 

A Mesa lanza Pensatermos, un xogo gratuíto e diario para entreter e fomentar o uso da nosa lingua

Abril

Ós comenzos de abril o cuco ten que vir, e se non volveu, ou prendérono ou morreu


Día dos enganos ou das brincadeiras

O 1 de abril,  os burros van onde non teñen que ir.
🐴
Imaxe de Pixabay

Día Mundial da Poesía, 21 de marzo

#diamundialdelapoesia

#díaletrasgallegas

Poema de triste actualidade



https://asletrasdeflorencio.gal/

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN #díaletrasgallegas


 FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN


Chegou marzo!

 Marzo venteiro e abril chuvasqueiro,

enchen en maio de flores o eido.


O MECO, XOVES









23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

BÚSQUEDA DO TESOURO

 ESCANEA O CÓDIGO DO TEU CURSO PARA OBTER A PISTA!

Infantil, vermello.  1º amarelo.  2º verde. 3º rosa.  4º azul.  5º negro.  6ºlaranxa

     
                 
       

O MECO, MÉRCORES

LEMBRA QUE: 

 SE MOITO QUERES TROULEAR, PODES ACUMULAR!



 

21 de febreiro, DÍA DA LINGUA MATERNA

O MECO, MARTES

SE MOITO QUERES TROULEAR, PODES ACUMULAR!


 

O MECO

O MECO MANDA,O MECO ORDENA, E SE NON CUMPRES ,PAGARÁS A PENA!



DÍA DE ROSALÍA

 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro, e propón, desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.

Dende aquí vexo un camiño. 

Dende aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que n’o sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals,
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.
Xa collas para Santiago,
xa collas para o Portal,
xa en San Andrés te deteñas,
xa chegues a San Cidrán,
xa, en fin, te perdas… ¿quén sabe
en dónde?, ¡qué máis me dá!
Que ojallá en ti me perdera
pra nunc amáis me atopar…
Mais ti vas indo, vas indo,
sempre para donde vas,
i eu quedo encravada en onde
arraigo ten o meu mal.
Nin fuxo, non, que anque fuxa
dun lugar a outro lugar,
de min mesma, naide, naide,
naide me libertará.

Castro, Rosalía de (1863), Cantares gallegos.


O ENTROIDO

O VINDEIRO VENRES 18 DE FEBREIRO CHEGARÁ AO COLE O MECO DE TEBRA.

A RAPAZADA DE SEXTO ESTÁ  TRABALLANDO MOITO PARA DESEÑALO, CREALO E... DAR COMEZO AO ENTROIDO! 

NON PERDADES OLLO!

Florencio Delgado Gurriarán

Gaiteiros de Montgomery, 

irmáns na raza anterga: 

Un ensoño saudoso de verdes e de névoas 

-druidicas lembranzas, follosas carballeiras-

 ao deserto, adugades, de queimantes areias

#AsLetrasdeFlorencio  #LetrasGalegas2022


 

 

GRAN VISITA!

 Hoxe , Marcos, da padería Camiño Novo, de Tomiño, fíxonos unha visita para ensinarnos a facer a TARTA DE SANTIAGO.












O Día das Candeas

 ou Día da Candeloria, celébrase o 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno. 

A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.



Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro..


A candeloria. Amado Carballo

Na catedral do abrente

hoxe cásanse os paxaros,

con nubens de neve e ouro

está o ceo galanado.



Ficou o día ancorado

na ría donda do ceo.

Os roibéns soben no lonxe

como rosarios de encenso.



O xantar do casamento,

roibo, na palma da man

das eiras madrugadoras

xa está arranxado no val.



Vai tocando polo campo

a súa zanfona o rego

e canta o vento nas farpas

sonorosas dos piñeiros.



O campo as montanas ruzas

envolve en capa pluvial

co hisopo do sol mollado

dálles a beizón nupcial.



Do casebre nugallán

soben os vivas dos galos

e na festa desta noite

estrena un luar o campo.

Luís Amado CarballoProel, 1927


30 de xaneiro, Día da Paz e da non Violencia. 

NON HAI FRONTEIRAS

 

 

ATURUXA CANDA MIN:

Defender a Paz, promover o respecto e o entendemento entre as persoas, independentemente dos seus ideais, procedencia, cultura, relixión...

Día da Ilustración

Tal día como hoxe, en 1886, nacía en Rianxo, Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.

Imagen 

 

Coincidindo con este día celébrase en Galicia, o día da Ilustración.

 La última lección del maestro - Alfonso Daniel Rodriguez Castelao -  Historia Arte (HA!)

 

 


Con motivo do Día de Rosalía, o Equipo de Biblioteca e o EDGL do CEIP de Tebra organizan un concurso de recitado de poemas da autora.


O alumnado poderá participar individualmente, en parellas, en grupos ou acompañados dun membro da súa familia. Neste último caso os familiares deberán ensinar o certificado de vacinación para acceder ao centro.

A actividade consiste en escoller un poema (en galego ou castelán) da autora e recitalo de xeito expresivo e escenificado nun acto que celebrará no cole. Os pormenores desta conmemoración (horario, etc.) serán publicados neste blog nos días seguintes ao peche da inscripción.

A incripción realizarase a través das titoras. A data límite é o 7 de febreiro.