23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
BÚSQUEDA DO TESOURO
ESCANEA O CÓDIGO DO TEU CURSO PARA OBTER A PISTA!
Infantil, vermello. 1º amarelo. 2º verde. 3º rosa. 4º azul. 5º negro. 6ºlaranxa
DÍA DE ROSALÍA
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro, e propón, desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.
Dende aquí vexo un camiño.
Dende aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que n’o sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals,
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.
Xa collas para Santiago,
xa collas para o Portal,
xa en San Andrés te deteñas,
xa chegues a San Cidrán,
xa, en fin, te perdas… ¿quén sabe
en dónde?, ¡qué máis me dá!
Que ojallá en ti me perdera
pra nunc amáis me atopar…
Mais ti vas indo, vas indo,
sempre para donde vas,
i eu quedo encravada en onde
arraigo ten o meu mal.
Nin fuxo, non, que anque fuxa
dun lugar a outro lugar,
de min mesma, naide, naide,
naide me libertará.
Castro, Rosalía de (1863), Cantares gallegos.
O ENTROIDO
O VINDEIRO VENRES 18 DE FEBREIRO CHEGARÁ AO COLE O MECO DE TEBRA.
A RAPAZADA DE SEXTO ESTÁ TRABALLANDO MOITO PARA DESEÑALO, CREALO E... DAR COMEZO AO ENTROIDO!
NON PERDADES OLLO!
Florencio Delgado Gurriarán
Gaiteiros de Montgomery,
irmáns na raza anterga:
Un ensoño saudoso de verdes e de névoas
-druidicas lembranzas, follosas carballeiras-
ao deserto, adugades, de queimantes areias
#AsLetrasdeFlorencio #LetrasGalegas2022
GRAN VISITA!
Hoxe , Marcos, da padería Camiño Novo, de Tomiño, fíxonos unha visita para ensinarnos a facer a TARTA DE SANTIAGO.
O Día das Candeas
ou Día da Candeloria, celébrase o 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno.
A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.
Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro..
A candeloria. Amado Carballo
Na catedral do abrente
hoxe cásanse os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.
Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibéns soben no lonxe
como rosarios de encenso.
O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.
Vai tocando polo campo
a súa zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.
O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dálles a beizón nupcial.
Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa desta noite
estrena un luar o campo.
Luís Amado Carballo, Proel, 1927