ROSALÍA DE CASTRO: RECURSOS

 




FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

Páxina web con toda a información sobre Rosalía de Castro, biografía, obras, imaxes... 





CASA DE ROSALÍA

Recursos educativos para diferentes niveis educativos




ROSCO SOBRE ROSALÍA




UNIDADE DIDÁCTICA 


DÍA DE ROSALÍA 2026

Material didáctico elaborado por docentes de varios centros



MUSICANDO A ROSALÍA

Do Ceip Juan Fernández Latorre (A Coruña)


MINILIBRO SOBRE A VIDA DE ROSALÍA 

"amestracris"

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O Entroido no noso cole foi unha festa chea de alegría, creatividade e tradición!

Comezamos a semana seguindo as ordes do Meco. O luns, martes e mércores tivemos que vir ao cole cumprindo as súas divertidas consignas, que nos fixeron rir moito e encher os corredores de cores e diversión. Cada día era unha sorpresa!

O xoves chegou un dos momentos máis esperados: viñemos disfrazados do que quixemos. Había personaxes de películas, superheroes, animais… A imaxinación non tivo límites e o cole converteuse nun lugar máxico e cheo de fantasía.

O venres foi o gran día da celebración. Primeiro gozamos de bailes moi animados e, despois, tivo lugar o desfile cos disfraces elaborados no cole seguindo a temática da arte. Vimos auténticas obras maestras inspiradas en grandes artistas como Pablo Picasso, Frida Kahlo, Miró, Maruja Mallo e Keith Haring. Os nenos e nenas luciron os seus traballos con moito orgullo, demostrando todo o esforzo e creatividade que puxeron nas súas creacións.

Despois do desfile, chegou a deliciosa merendola con doces tradicionais do Entroido: filloas, orellas e rosquillas que estaban boísimas! Gracias polas aportacións, familias! Foi un momento perfecto para compartir e repoñer forzas.



Para rematar esta semana tan especial, o tempo acompañounos e puidemos realizar o xuizo do Meco e a súa queima, despedindo así o Entroido ata o vindeiro ano entre aplausos e moita emoción.

Sen dúbida, foi un Entroido inesquecible no noso cole!

Podedes ver fotos e vídeos do ben que o pasamos pemando na seguinte imaxe.





ENTROIDO MECO 2026

 Xa chega o Entroido... e con el, as mandas do Meco!

O entroido está a picas de comezar e, como manda a tradición, chega cargado de troula, imaxinación e moitas ganas de pasalo ben. 

Un dos momentos máis agardados é, sen dúbida, a chegada do Meco, personaxe burlón que toma o mando durante os días previos ao Entroido. Como sempre, o Meco irá deixando as súas mandas. Cada día tocará sorprender cun complemento diferente ou vestimenta especial. O importante non é facelo perfecto, senón participar e rir. 

Animámosvos a estar atentos e atentas ás mandas que o Meco irá anunciando cada día na entrada do cole. Dende a casa poderedes velas aquí no blog de debanamiolos. 

Preparade os disfraces, afiade a retranca....
Que viva o Entroido e que mande o Meco!




Para o luns 9...




Para o martes 10...



Para o mércores 11...





Para o xoves 12...