VISITA DE ILUSTRADORES AO NOSO COLEXIO

O CURSO PASADO VISITOUNOS O ILUSTRADOR DE CONTOS ABRAHAM CARREIRO  COS SEUS LIBROS "A PEL DO CROCODILO" E " O CAZADOR DE CAMBODIA". ESTE CURSO FOI O SEU PAI, PEPE CARREIRO, QUEN SE ACERCOU POLO NOSO COLEXIO. PRESENTOUNOS  AS SÚAS DERRADEIRAS PUBLICACIÓNS COINCIDINDO CA TEMPADA NA QUE ESTABAMOS: "OS CALACÚS" E "OS BOLECHAS FAN O MAGOSTO".






REVISTA ESCOLAR 2009



REVISTA ESCOLAR "O DEBANAMIOLOS"
COMO TÓDOLOS ANOS Ó REMATE DO CURSO ENTREGAMOS A REVISTA ESCOLAR QUE RECOLLE TRABALLOS, SAÍDAS, NOVIDADES, FESTAS,... E MOITAS MÁIS NOTICIAS, QUE AO LONGO DO CURSO 2008/09 ACONTECERON NO CEIP DE TEBRA.AQUÍ TEDES UNHA PRIMICIA... A ESPERA DE AMOSAROS TODO O SEU CONTIDO.



CONTO ACUMULATIVO 08/09











CONTO ACUMULATIVO "HABÍA UNHA VEZ..." : A NENA QUE NON SABÍA XOGAR.

COMO CADA CURSO ,ENTRE TODOS, ELABORAMOS O CONTO ACUMULATIVO. EMPEZAMOS POLO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E REMATAMOS POR EDUCACIÓN INFANTIL. CADA CURSO ÍA SEGUINDO O CONTO PARTINDO DO FEITO POLOS ANTERIORES. O CONTO TRATA DUNHA NENA QUE SÓ SABE XOGAR COAS VIDEO CONSOLAS E CHEGAN DE VISITA AS SÚAS AVOAS PARA ENSINARLLE A XOGAR AOS XOGOS TRADICIONAIS. ASÍ É COMO DESCUBRE AS VANTAXES DESTE NOVO XEITO DE XOGAR.



ENTROIDO 2009


FIXEMOS UN ENTROIDO DE FALCATRUADA, CON ROUPAS VELLAS, E OBEDECENDO ÁS ORDES DO MECO. DEMOS PREMIOS AO DISFRACE MÁIS ORIXINAL E AO MÁIS ENXEBRE E AS FAMILIAS PARTICIPARON NO "I CONCURSO DE REPOSTERÍA".


SAMAÍN- MAGOSTO 2008

"SE COMES UNHA CASTAÑA, LIBERAS UNHA ÁNIMA DO PURGATORIO"  con este dito é como relacionamos O SAMAÍN E O MAGOSTO para traballalo conxuntamente. Para O MAGOSTO tamén fixemos UN PALLEIRO cos froitos do outono. Pero o que máis nos gustou...O FILLOEIRO... visitounos un filloeiro que nos fixo filloas ao xeito tradicional e ben que nos gustaron. Houbo moito lambón!