Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2025

 


Xa coñecemos os gañadores do concurso deste ano! Noraboa a todos/as os/as participantes e as súas familias! 

1º premio: Sofía (4º EP) e Martín Piñeiro (6º EP).
2º premio: Eloy e Mario (4ºEP).
3º premio: Zoe ( 6º EI) e Alma (2º EP).

Para ver as fotos dos gañadores preme AQUÍ.

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2024

 





Moitas grazas pola vosa participación! Que gran variedade de instrumentos! 

E os gañadores foron...
Lara (EI) e a súa irmá Vega (4º EP) coa batería.
Elena (1º EP) coa pandeireta.
Sergio (2º EP) coa arpa.

Se queres ver máis fotos da nosa celebración preme AQUÍ.

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano a autora homenaxeada das Letras Galegas é Luísa Villalta. Apetéceche escoitar unha canción composta con versos dos seus poemas?

 

 Se queres coñecela un pouquiño mellor, prepárate para xogar!


Podes atopar máis xogos, vídeos e información sobre Luísa nas seguintes páxinas:

LETRAS GALEGAS 2023

 O venres 19 de maio desfrutamos dunha obra de teatro sobre "Paco" no noso cole. 


Tamén o alumnado de Educación Infantil fixo unha exposición sobre xoguetes tradicionais. Coñécelos todos?


Se queres ver máis fotos dese día preme AQUÍ.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 UN GUERRILLEIRO, poema de Florencio Delgado Gurriarán, adaptado por Lara Villaverde e Fran Gómez con música orixinal e arranxos a dúas guitarras

 




CONMEMORACIÓN NO CENTRO

Día Mundial da Poesía, 21 de marzo

#diamundialdelapoesia

#díaletrasgallegas

Poema de triste actualidade



https://asletrasdeflorencio.gal/

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN #díaletrasgallegas


 FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN


Florencio Delgado Gurriarán

Gaiteiros de Montgomery, 

irmáns na raza anterga: 

Un ensoño saudoso de verdes e de névoas 

-druidicas lembranzas, follosas carballeiras-

 ao deserto, adugades, de queimantes areias

#AsLetrasdeFlorencio  #LetrasGalegas2022


 

 

LETRAS GALEGAS 2022

 A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras de 2022 a Florencio Delgado Gurriarán.

Naceu en Valdeorras en 1903 e formouse como avogado. Membro activo de Partido Galeguista e colaborador das Irmandades de Fala ou o Seminario de Estudos Galegos. 

Tivo que exiliarse a México,  en 1939 para fuxir de represión franquista.






LETRAS GALEGAS 2021 EN TEBRA

 Fixemos un mural xigante de Xela Arias....



Dramatizamos relatos do libro Contos ó teléfono de Gianni Rodari, que Xela Arias axudou a traducir por primeira vez ó galego....

PREME AQUÍ PARA VERNOS EN ACCIÓN

Organizamos un concurso de portadas para Educación Infantil e un concurso de relatos para Educación Primaria. Houbo moitísima participación e así quedou o noso corredor! 

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS DOS GAÑADORES E O RESTO DE ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS







 

 

CELEBRAMOS O DíA DAS LETRAS GALEGAS!!

O pasado 13 de maio, xuntámonos todos no corredor principal para homenaxear a Lois Pereiro e celebrar o día das letras galegas.

Abrimos a homenaxe con Raquel de cuarto que nos tocou dúas cancións e prensentou ás nenas e nenos de primeiro.

Pouquiño a pouco, fomos dándolle forma ao noso mural lendo e colgando a información que cada curso traballou sobre Lois Pereiro.

Unha vez colgada toda a información no mural, Miguel e Christian de sexto recitáronnos dúas poesías de Lois Pereiro.

Xa para rematar a nosa conmemoración ás Letras Galegas, Rodrigo e Raquel amenizáronnos, entre outras, con tres cancións gaiteiras e moi galegas: a Rianxeira, a Sai da Carolina e Ondiñas Veñen. Qué ben o pasamos animando!

Coa emoción, as nenas e nenos de Tebra non paraban de pedirlle aos gaiteiros que tocaran máis e máis. Pasámolo moi ben pero acabamos afastándonos un pouco do tema e Rodrigo tocounos, marabillosamente eso sí, o "Waka Waka"!! sí sí, unha wakagaiteirada!!

Aquí tedes o vídeo con todo o que pasou.


Viva o galego e as súas escritoras e escritores!

SEMANA DO CINE EN GALEGO

A semana pasada, do 9 ao 12 de maio, tivemos todos os días sesión de cine en galego.
Despois do recreo @s profes fixéronnos flocos de millo para que todos @s cativ@s disfrutaran da peli
"O espíritu do bosque"
Foi un éxito total! a que sí? Mirade as fotos:



















Neste mes celebramos as letras galegas e no cole xa nos estamos preparando para homenaxear ao autor ao que está adicado este ano: Lois Pereiro.

Aquí tedes un vídeo para que coñezades un pouco ao autor:


LETRAS GALEGAS 2011: LOIS PEREIRO

Neste mes celebramos as letras galegas e no cole xa nos estamos preparando para homenaxear ao autor ao que está adicado este ano: Lois Pereiro.

Aquí tedes un vídeo para que coñezades un pouco ao autor:


LETRAS GALEGAS 2009

COMO TÓDOLOS ANOS CELEBRAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. ESTE ANO 2009 ADICADO A RAMÓN PIÑEIRO. ASÍ FOI COMO O CELEBRAMOS....