Os maios: a primavera florece no noso cole

 Coa chegada do mes de maio, Galicia énchese de cor, música e tradición grazas a unha das festas máis fermosas e antigas da nosa cultura: Os Maios. Esta celebración popular dá a benvida á primavera e rende homenaxe á natureza, ás flores e á vida que esperta tras o inverno.

No noso colexio tamén quixemos celebrar esta tradición tan especial con diferentes actividades.

Na aula de infantil fixeron un maio e logo bailaron para despedir o inverno e dar benvida á primavera. Prema para ver o vídeo do proceso. O MAIO EN INFANTIL.






Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria elaboraron os seus minimaios coas flores e prantas que apañaron nas súas casas. Gracias familias polas vosas aportacións!




Prema para ver o vídeo do proceso. MAIOS 2026


Dende O Equipo de Dinamización da Lingua galega tamén quixemos dar a coñecer unha tradición moi nosa, moi do Baixo Miño, a colocación do Maio o 30 de abril. Coñecimos a orixe desta tradición e puxemos o noso maio, nas portas das aulas para espantar o meigallo!








Gracias a orgullogalego.gal por explicarnos esta tradición. Se queres saber máis, prema AQUÍ.



Semana da prensa

 O alumnado de 1º e 2º de primaria traballou a reo para publicar a edición deste curso do seu xornal, A voz de Tebra. Ademais, fixeron un programa de radio no que tamén podedes escoitar as novas escollidas no xornal. Foron días de moito esforzo, traballo en equipo e tamén bos ratos. O resultado non nos pode gustar máis. Esperamos que vos guste tanto como a nós!

Día Mundial da poesía


O 21 de marzo comezou a primavera e tamén foi o día Mundial da Poesía. Na aula de infantil coñeceron un poema da nosa Rosalía e encheron un floreiro con plantas e flores do patio.

Prema no vídeo para ver máis!