Este Nadal no noso colexio deuse a coñecer a figura do Apalpador. Trátase dun personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a  levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando  están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e  déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Os rapaces e rapazas deste colexio xa o coñeceron. Leron contos, fixeron debuxos, colorearon, e todo iso o colocamos nun mural na entrada do cole.

Se queredes saber máis sobre este personaxe podedes entrar no seguinte enlace
  http://www.apalpador.com/