O Debanamiolos
Blogue do EDLG do CEIP Plurilingüe de Tebra (Tomiño)
XORNADA DE XOGOS POPULARES
Antes de rematar este curso e celebrar a gran festa final, o pasado xoves 19 de xuño, desfrutamos dunha xornada de xogos populares colaborativos, onde os monitores foron os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria: brilé, chapas, comba, mariola, a palmada e un xogo de agua para refrescarse!!! E ademais todo o alumnado levou de agasallo unha gorra de Catuxa, a nosa mascota!!!
Para ver a celebración no noso centro preme AQUÍ.
CONCURSO LETRAS GALEGAS 2025
Teatro bilingüe galego-inglés A REAL WITCH
O pasado 17 de marzo tivemos unha visita moi especial no noso colexio, Trémola teatro organizou unha sesión de contocontos teatralizado para todo o noso alumnado... combinando o galego e o inglés!
Preme AQUÍ para ver a celebración.
DÍA DE ROSALÍA 2025
Onte celebramos o Día de Rosalía de Castro cun recitado de poemas, que tamén transformamos en caligramas moi orixinais.
Preme aquí para ver toda a nosa celebración.









