Mostrando entradas con la etiqueta xogos populares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos populares. Mostrar todas las entradas

XORNADA DE XOGOS POPULARES

Para despedir este curso, o xoves 20 todo o alumnado e profesorado do centro desfrutamos dunha xornada de xogos populares no centro: comba, pita cega, dianas... Pasámolo en grande! Tamén o EDLG repartiu botellas reutilizables de vidro como agasallo pola vosa participación ó longo de todo o curso. BO VERÁN!!!

Preme AQUÍ para ver as fotos.

XORNADA DE XOGOS POPULARES


Para celebrar que chegan as vacacións, hoxe celebramos unha xornada de xogos populares no noso colexio para todo o alumnado. Tamén repartimos agasallos para todas e todos, unha bolsilla de tea para as merendas feita polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Moitísimas gracias pola vosa colaboración!! BO VERÁN!!

Preme AQUÍ para ver as fotos.


EXHIBICIÓN FINAL XOGOS POPULARES 2010 (3º Trimestre)






PARA REMATAR O CURSO XOGAMOS Ó BRILÉ, Á CORDA, Á PETANCA, ÓS BIRLOS E Ó PEÓN. E COMO AGASALLO, UNHA VISEIRA PARA TODOS.




DIA DO PEÓN 11-11-09



Este ano celebramos o día do Peón(11-11-09) ,en colaboración coa AGXPT , lendo o manifesto, cantando a canción e facendo un concurso no que gañaba o que máis tempo fixera bailar o peón. Tamén decoramos os nosos peóns e houbo agasallo para o máis orixinal.



BIRLOS FEITOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO

ESTE CURSO QUEREMOS RECUPERAR OS XOGOS POPULARES NO CEIP DE TEBRA, E ADEMÁIS, APRENDER A FACELOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO. A PROPOSTA DESTE ANO FORON OS BIRLOS FEITOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO:
  • CON ENVASES DE PRÁSTICO FIXEMOS OS BIRLOS E ENCHÉMOLOS DE AREA SECA OU PEDRIÑAS. E.....PINTÁMOLOS O NOSO GUSTO!!!!.






SAÍDA DO COLEXIO AO CLUB DE BOLOS CELTAS (FORCADELA- TOMIÑO)

NO CURSO 2008/09, DENTRO DO PROXECTO DE NORMALIZACIÓN, SAÍMOS TODO O ALUMNADO DO COLEXIO A COÑECER E XOGAR AOS "BOLOS CELTAS". A "ASOCIACIÓN DE BOLOS CELTAS" DE FORCADELA ,NO CONCELLO DE TOMIÑO, RECIBIUNOS E ENSINOUNOS A XOGAR A ESTE XOGO TRADICIONAL, QUE MOITOS DE NÓS DESCOÑECÍAMOS. A EXPERIENCIA FOI MOI LÚDICA E INTERESANTE. AQUI TEDES ALGUNHAS DAS FOTOS.






EXHIBICIÓNS XOGOS POPULARES E CAMPIONATOS






No curso 2008/09 comenzamos a traballar os xogos populares como parte dun proxecto plurianual. Os nosos xogos foron:


  • Educación Infantil: A Roda e A zapatilla por detrás.
  • 1º ciclo de Educación Primaria: Os birlos e a Petanca.
  • 2º ciclo de Educación Primaria: O Brilé e As Bolas.
  • 3º ciclo de Educación Primaria: A Corda e O Pano.
No 1º e 2º trimestre escollemos os xogos e traballamos as súas regras e recitados, aprendimos a xogar e fixemos exhibicións de xogos onde cada ciclo amosaba o seu xogo ao resto, no 3º trimestre fixemos os campionatos e houbo agasallos para os tres finalistas de cada xogo.

Foi unha maneira  moi divertida de coñecer os xogos dos nosos pais, nais e avós, de ensinarnos uns a outros, de aprender a convivir e compartir, de adquirir bos hábitos e de disfrutar ao aire libre.

Estas son as fotos dos nosos xogos.