O alumnado de 1º e 2º de primaria traballou a reo para publicar a edición deste curso do seu xornal, A voz de Tebra. Ademais, fixeron un programa de radio no que tamén podedes escoitar as novas escollidas no xornal. Foron días de moito esforzo, traballo en equipo e tamén bos ratos. O resultado non nos pode gustar máis. Esperamos que vos guste tanto como a nós!
O Debanamiolos
Blogue do EDLG do CEIP Plurilingüe de Tebra (Tomiño)
Semana da prensa
Día Mundial da poesía
O 21 de marzo comezou a primavera e tamén foi o día Mundial da Poesía. Na aula de infantil coñeceron un poema da nosa Rosalía e encheron un floreiro con plantas e flores do patio.
CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA
O 23 de febreiro reunímonos para celebrar o día de Rosalía
de Castro, unha das escritoras galegas máis coñecidas e símbolo de amor
por Galicia.
Inauguramos
con emoción o Recuncho de Rosalía. Plantamos roseiras na súa honra:
raíces fondas como o seu compromiso co pobo, espiñas que lembran as
dificultades que soubo transformar en poesía, e flores que, como os seus
versos, seguirán a agromar xeración tras xeración.
Que este
recuncho sexa lugar de lembranza e inspiración, onde a palabra siga viva e onde
cada rosa lemrbe que a lingua e a cultura son sementes que, se as
coidamos, florecen para sempre.
Que o Recuncho de Rosalía floreza sempre, como florece a súa obra nos nosos corazóns.
Prema na seguinte imaxe para ver o vídeo coas fotos.
ROSALÍA DE CASTRO: RECURSOS
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
O Entroido no noso cole foi unha festa chea de alegría, creatividade e tradición!
Comezamos a semana seguindo as ordes do Meco. O luns, martes e mércores tivemos que vir ao cole cumprindo as súas divertidas consignas, que nos fixeron rir moito e encher os corredores de cores e diversión. Cada día era unha sorpresa!
O xoves chegou un dos momentos máis esperados: viñemos disfrazados do que quixemos. Había personaxes de películas, superheroes, animais… A imaxinación non tivo límites e o cole converteuse nun lugar máxico e cheo de fantasía.
O venres foi o gran día da celebración. Primeiro gozamos de bailes moi animados e, despois, tivo lugar o desfile cos disfraces elaborados no cole seguindo a temática da arte. Vimos auténticas obras maestras inspiradas en grandes artistas como Pablo Picasso, Frida Kahlo, Miró, Maruja Mallo e Keith Haring. Os nenos e nenas luciron os seus traballos con moito orgullo, demostrando todo o esforzo e creatividade que puxeron nas súas creacións.
Despois do desfile, chegou a deliciosa merendola con doces tradicionais do Entroido: filloas, orellas e rosquillas que estaban boísimas! Gracias polas aportacións, familias! Foi un momento perfecto para compartir e repoñer forzas.
Para rematar esta semana tan especial, o tempo acompañounos e puidemos realizar o xuizo do Meco e a súa queima, despedindo así o Entroido ata o vindeiro ano entre aplausos e moita emoción.
Sen dúbida, foi un Entroido inesquecible no noso cole!
Podedes ver fotos e vídeos do ben que o pasamos pemando na seguinte imaxe.
ENTROIDO MECO 2026
Xa chega o Entroido... e con el, as mandas do Meco!
O entroido está a picas de comezar e, como manda a tradición, chega cargado de troula, imaxinación e moitas ganas de pasalo ben.
Un dos momentos máis agardados é, sen dúbida, a chegada do Meco, personaxe burlón que toma o mando durante os días previos ao Entroido. Como sempre, o Meco irá deixando as súas mandas. Cada día tocará sorprender cun complemento diferente ou vestimenta especial. O importante non é facelo perfecto, senón participar e rir.
Animámosvos a estar atentos e atentas ás mandas que o Meco irá anunciando cada día na entrada do cole. Dende a casa poderedes velas aquí no blog de debanamiolos.
Preparade os disfraces, afiade a retranca....
Que viva o Entroido e que mande o Meco!
RECURSOS NADAL
No pasado mes de decembro celebramos o Nadal. Na seguinte ligazón tedes algúns dos recursos que empregamos.
SEMANA DO PEÓN
En novembro tocounos xogar cos nosos queridos peóns, divertímonos moito e aprendemos un montón de trucos novos, ata os mestres e as mestras se animaron!
Esperamos que vos guste este resumos da semana. Se queredes ver como nos divertimos entra na seguinte ligazón.
SEMANA DO PEÓN


.png)
.png)
.png)
.png)






.png)
