Día do Peón

Este curso celebramos o Día do Peón baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño". A rede de xogo tradicional Brinquedia facilitounos ideas para celebrar este día na escola.

Con motivo de promocionar a celebración do Día do Peón, decoramos un mural na entrada do colexio, pintando un cartaz co lema antes descrito.

O día 11 de novembro saímos tod@s ao patio, primeiro para ler o manifesto proporcionado por esta asociación e escrito por Ramón Loureiro, e despois, a ritmo da canción do peón, os nenos e nenas bailaron os peóns personalizados que decoraron na clase de plástica.

Na páxina web do colexio pódese ver unha reportaxe gráfica das actividades que realizamos ese día.