XOGOS POPULARES 2026
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística organizamos unhas xornadas baseadas na tradición popular. Contamos coa axuda do alumnado de 6.º, que axudou a crear os xogos e a ensinalos ao resto do alumnado.
Comezamos a xornada cunha merenda e rematámola coa entrega duns estoxos, agasallo do EDLG, para todo o alumnado.
LETRAS GALEGAS 2026
Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2026, unha celebración moi especial adicada este ano a Begoña Caamaño, destacada escritora e xornalista galega que deixou unha importante pegada na literatura e na defensa da lingua e da cultura de Galicia.
Durante os días previos á celebración, traballamos nas aulas a súa figura e a súa obra a través de diferentes actividades que nos permitiron coñecer mellor a súa traxectoria.
Entre as actividades realizadas destacou "A lupa máxica" do Seminario Galán, unha proposta dinámica coa que o alumnado puido descubrir aspectos relevantes da vida e da obra de Begoña Caamaño de forma participativa e divertida.
Para rematar a xornada, organizouse un emocionante xogo de pistas por todo o patio con grupos de diferentes cursos, no que o alumnado tivo que resolver diferentes probas e retos relacionados coa autora homenaxeada e coa lingua galega. Esta actividade fomentou o traballo en equipo, a observación e a aprendizaxe lúdica. 

E para finalizar unhas pegatinas de agasallo! Foi unha xornada moi enriquecedora na que aprendemos, compartimos experiencias e celebramos con orgullo a nosa lingua e a nosa cultura.
Os maios: a primavera florece no noso cole
Coa chegada do mes de maio, Galicia énchese de cor, música e tradición grazas a unha das festas máis fermosas e antigas da nosa cultura: Os Maios. Esta celebración popular dá a benvida á primavera e rende homenaxe á natureza, ás flores e á vida que esperta tras o inverno.
No noso colexio tamén quixemos celebrar esta tradición tan especial con diferentes actividades.
Na aula de infantil fixeron un maio e logo bailaron para despedir o inverno e dar benvida á primavera. Prema para ver o vídeo do proceso. O MAIO EN INFANTIL.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria elaboraron os seus minimaios coas flores e prantas que apañaron nas súas casas. Gracias familias polas vosas aportacións!
Prema para ver o vídeo do proceso. MAIOS 2026
Dende O Equipo de Dinamización da Lingua galega tamén quixemos dar a coñecer unha tradición moi nosa, moi do Baixo Miño, a colocación do Maio o 30 de abril. Coñecimos a orixe desta tradición e puxemos o noso maio, nas portas das aulas para espantar o meigallo!
Semana da prensa
O alumnado de 1º e 2º de primaria traballou a reo para publicar a edición deste curso do seu xornal, A voz de Tebra. Ademais, fixeron un programa de radio no que tamén podedes escoitar as novas escollidas no xornal. Foron días de moito esforzo, traballo en equipo e tamén bos ratos. O resultado non nos pode gustar máis. Esperamos que vos guste tanto como a nós!
Día Mundial da poesía
O 21 de marzo comezou a primavera e tamén foi o día Mundial da Poesía. Na aula de infantil coñeceron un poema da nosa Rosalía e encheron un floreiro con plantas e flores do patio.
CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA
O 23 de febreiro reunímonos para celebrar o día de Rosalía
de Castro, unha das escritoras galegas máis coñecidas e símbolo de amor
por Galicia.
Inauguramos
con emoción o Recuncho de Rosalía. Plantamos roseiras na súa honra:
raíces fondas como o seu compromiso co pobo, espiñas que lembran as
dificultades que soubo transformar en poesía, e flores que, como os seus
versos, seguirán a agromar xeración tras xeración.
Que este
recuncho sexa lugar de lembranza e inspiración, onde a palabra siga viva e onde
cada rosa lemrbe que a lingua e a cultura son sementes que, se as
coidamos, florecen para sempre.
Que o Recuncho de Rosalía floreza sempre, como florece a súa obra nos nosos corazóns.
Prema na seguinte imaxe para ver o vídeo coas fotos.
ROSALÍA DE CASTRO: RECURSOS
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
O Entroido no noso cole foi unha festa chea de alegría, creatividade e tradición!
Comezamos a semana seguindo as ordes do Meco. O luns, martes e mércores tivemos que vir ao cole cumprindo as súas divertidas consignas, que nos fixeron rir moito e encher os corredores de cores e diversión. Cada día era unha sorpresa!
O xoves chegou un dos momentos máis esperados: viñemos disfrazados do que quixemos. Había personaxes de películas, superheroes, animais… A imaxinación non tivo límites e o cole converteuse nun lugar máxico e cheo de fantasía.
O venres foi o gran día da celebración. Primeiro gozamos de bailes moi animados e, despois, tivo lugar o desfile cos disfraces elaborados no cole seguindo a temática da arte. Vimos auténticas obras maestras inspiradas en grandes artistas como Pablo Picasso, Frida Kahlo, Miró, Maruja Mallo e Keith Haring. Os nenos e nenas luciron os seus traballos con moito orgullo, demostrando todo o esforzo e creatividade que puxeron nas súas creacións.
Despois do desfile, chegou a deliciosa merendola con doces tradicionais do Entroido: filloas, orellas e rosquillas que estaban boísimas! Gracias polas aportacións, familias! Foi un momento perfecto para compartir e repoñer forzas.
Para rematar esta semana tan especial, o tempo acompañounos e puidemos realizar o xuizo do Meco e a súa queima, despedindo así o Entroido ata o vindeiro ano entre aplausos e moita emoción.
Sen dúbida, foi un Entroido inesquecible no noso cole!
Podedes ver fotos e vídeos do ben que o pasamos pemando na seguinte imaxe.
ENTROIDO MECO 2026
Xa chega o Entroido... e con el, as mandas do Meco!
O entroido está a picas de comezar e, como manda a tradición, chega cargado de troula, imaxinación e moitas ganas de pasalo ben.
Un dos momentos máis agardados é, sen dúbida, a chegada do Meco, personaxe burlón que toma o mando durante os días previos ao Entroido. Como sempre, o Meco irá deixando as súas mandas. Cada día tocará sorprender cun complemento diferente ou vestimenta especial. O importante non é facelo perfecto, senón participar e rir.
Animámosvos a estar atentos e atentas ás mandas que o Meco irá anunciando cada día na entrada do cole. Dende a casa poderedes velas aquí no blog de debanamiolos.
Preparade os disfraces, afiade a retranca....
Que viva o Entroido e que mande o Meco!
RECURSOS NADAL
No pasado mes de decembro celebramos o Nadal. Na seguinte ligazón tedes algúns dos recursos que empregamos.
SEMANA DO PEÓN
En novembro tocounos xogar cos nosos queridos peóns, divertímonos moito e aprendemos un montón de trucos novos, ata os mestres e as mestras se animaron!
Esperamos que vos guste este resumos da semana. Se queredes ver como nos divertimos entra na seguinte ligazón.
SEMANA DO PEÓN






.jpg)






.png)
.png)
.png)
.png)






.png)
