NADAL 2020

 Este ano, para celebrar o Nadal, organizamos un concurso de postais grupais. Cada clase fixo a súa e expuxéronse para que tódolos nenos e nenas do cole puideran votar a súa favorita.

Despois dun difícil reconto, a postal gañadora foi a de 4º de Educación Primaria! NORABOA! Este grupo gañou un lote de libros para a súa aula, grazas á colaboración do Equipo de Biblioteca. A segunda postal máis votada foi a dos DINOS e a terceira a de 5º de Educación Primaria. 

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!

PREME AQUÍ PARA VER AS POSTAIS E OS GAÑADORES

 Finalmente, aínda que este ano non nos puideron visitar os Reis Magos, deixáronnos un buzón real para recoller as nosas cartas e unhas lambetadas para alegrarnos as vacacións. FELIZ 2021!

PREME AQUÍ PARA VER A RECOLLIDA DE CARTAS