CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O Entroido no noso cole foi unha festa chea de alegría, creatividade e tradición!

Comezamos a semana seguindo as ordes do Meco. O luns, martes e mércores tivemos que vir ao cole cumprindo as súas divertidas consignas, que nos fixeron rir moito e encher os corredores de cores e diversión. Cada día era unha sorpresa!

O xoves chegou un dos momentos máis esperados: viñemos disfrazados do que quixemos. Había personaxes de películas, superheroes, animais… A imaxinación non tivo límites e o cole converteuse nun lugar máxico e cheo de fantasía.

O venres foi o gran día da celebración. Primeiro gozamos de bailes moi animados e, despois, tivo lugar o desfile cos disfraces elaborados no cole seguindo a temática da arte. Vimos auténticas obras maestras inspiradas en grandes artistas como Pablo Picasso, Frida Kahlo, Miró, Maruja Mallo e Keith Haring. Os nenos e nenas luciron os seus traballos con moito orgullo, demostrando todo o esforzo e creatividade que puxeron nas súas creacións.

Despois do desfile, chegou a deliciosa merendola con doces tradicionais do Entroido: filloas, orellas e rosquillas que estaban boísimas! Gracias polas aportacións, familias! Foi un momento perfecto para compartir e repoñer forzas.



Para rematar esta semana tan especial, o tempo acompañounos e puidemos realizar o xuizo do Meco e a súa queima, despedindo así o Entroido ata o vindeiro ano entre aplausos e moita emoción.

Sen dúbida, foi un Entroido inesquecible no noso cole!

Podedes ver fotos e vídeos do ben que o pasamos pemando na seguinte imaxe.