Os maios: a primavera florece no noso cole

 Coa chegada do mes de maio, Galicia énchese de cor, música e tradición grazas a unha das festas máis fermosas e antigas da nosa cultura: Os Maios. Esta celebración popular dá a benvida á primavera e rende homenaxe á natureza, ás flores e á vida que esperta tras o inverno.

No noso colexio tamén quixemos celebrar esta tradición tan especial con diferentes actividades.

Na aula de infantil fixeron un maio e logo bailaron para despedir o inverno e dar benvida á primavera. Prema para ver o vídeo do proceso. O MAIO EN INFANTIL.






Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria elaboraron os seus minimaios coas flores e prantas que apañaron nas súas casas. Gracias familias polas vosas aportacións!




Prema para ver o vídeo do proceso. MAIOS 2026


Dende O Equipo de Dinamización da Lingua galega tamén quixemos dar a coñecer unha tradición moi nosa, moi do Baixo Miño, a colocación do Maio o 30 de abril. Coñecimos a orixe desta tradición e puxemos o noso maio, nas portas das aulas para espantar o meigallo!








Gracias a orgullogalego.gal por explicarnos esta tradición. Se queres saber máis, prema AQUÍ.