MASCOTA LINGÜÍSTICA

O Equipo de dinamización da lingua galega propuxo un concurso ao alumnado do colexio. Pedimos ás familias que axudasen aos rapaces e rapazas a debuxar unha mascota para o noso equipo de dinamización, dita mascota levará o nome do blog "Debanamiolos". Tamén pedimos que o debuxo da mascota fose acompañado dun lema en prol do uso da lingua galega.



MASCOTA GAÑADORA "O ESQUÍO DEBANAMIOLOS"
AUTORA: Antía Domínguez Sierpes (4º curso)

O seu lema...


Dende o equipo queremos agradecer a participación nesta actividade a todos e todas as participantes, coa vosa colaboración o traballo en prol do uso da lingua galega faise máis doado.

Moitas grazas

Nadal. O Apalpador

Este Nadal no noso colexio deuse a coñecer a figura do Apalpador. Trátase dun personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Os rapaces e rapazas deste colexio xa o coñeceron. Leron contos, fixeron debuxos, colorearon, e todo iso o colocamos nun mural na entrada do cole.






Se queredes saber máis sobre este personaxe podedes entrar no seguinte enlace http://www.apalpador.com/

Día do Peón

Este curso celebramos o Día do Peón baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño". A rede de xogo tradicional Brinquedia facilitounos ideas para celebrar este día na escola.

Con motivo de promocionar a celebración do Día do Peón, decoramos un mural na entrada do colexio, pintando un cartaz co lema antes descrito.

O día 11 de novembro saímos tod@s ao patio, primeiro para ler o manifesto proporcionado por esta asociación e escrito por Ramón Loureiro, e despois, a ritmo da canción do peón, os nenos e nenas bailaron os peóns personalizados que decoraron na clase de plástica.

Na páxina web do colexio pódese ver unha reportaxe gráfica das actividades que realizamos ese día.

Samaín


I Concurso de Bonecos Terroríficos

Carla, Marta e Maite foron elixidas polos seus compañeiros e compañeiras, as gañadoras do concurso.


Agradecemos a gran participación por parte das familias.









SAMAIN


Samaín

Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos estase volvendo a recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.
A noite do 31 de outubro comeza o Aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos pasan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos, e visitan as casas das suas familias para quentarse e tomar algo de alimento.

Concurso de bonecos terroríficos

Preparamos unha actividade na que o alumnado encheu o corredor con bonecos terroríficos, feitos na casa coa axuda das súas familias.

A participación foi moi numerosa e queremos felicitarvos pola vosa creatividade.

A continuación ensinamos algúns deses traballos e o desenvolvemento da actividade.











O alumnado foi mirar a exposición de bonecos para votar o que máis lle gustaba



E chegou o momento de decidir...



CELEBRAMOS O DíA DAS LETRAS GALEGAS!!

O pasado 13 de maio, xuntámonos todos no corredor principal para homenaxear a Lois Pereiro e celebrar o día das letras galegas.

Abrimos a homenaxe con Raquel de cuarto que nos tocou dúas cancións e prensentou ás nenas e nenos de primeiro.

Pouquiño a pouco, fomos dándolle forma ao noso mural lendo e colgando a información que cada curso traballou sobre Lois Pereiro.

Unha vez colgada toda a información no mural, Miguel e Christian de sexto recitáronnos dúas poesías de Lois Pereiro.

Xa para rematar a nosa conmemoración ás Letras Galegas, Rodrigo e Raquel amenizáronnos, entre outras, con tres cancións gaiteiras e moi galegas: a Rianxeira, a Sai da Carolina e Ondiñas Veñen. Qué ben o pasamos animando!

Coa emoción, as nenas e nenos de Tebra non paraban de pedirlle aos gaiteiros que tocaran máis e máis. Pasámolo moi ben pero acabamos afastándonos un pouco do tema e Rodrigo tocounos, marabillosamente eso sí, o "Waka Waka"!! sí sí, unha wakagaiteirada!!

Aquí tedes o vídeo con todo o que pasou.


Viva o galego e as súas escritoras e escritores!

SEMANA DO CINE EN GALEGO

A semana pasada, do 9 ao 12 de maio, tivemos todos os días sesión de cine en galego.
Despois do recreo @s profes fixéronnos flocos de millo para que todos @s cativ@s disfrutaran da peli
"O espíritu do bosque"
Foi un éxito total! a que sí? Mirade as fotos:



















Neste mes celebramos as letras galegas e no cole xa nos estamos preparando para homenaxear ao autor ao que está adicado este ano: Lois Pereiro.

Aquí tedes un vídeo para que coñezades un pouco ao autor:


LETRAS GALEGAS 2011: LOIS PEREIRO

Neste mes celebramos as letras galegas e no cole xa nos estamos preparando para homenaxear ao autor ao que está adicado este ano: Lois Pereiro.

Aquí tedes un vídeo para que coñezades un pouco ao autor:


CONTO ACUMULATIVO 2010-1011

"O trasno do bosque de Tebra"