Un curso máis celebramos unha xornada de xogos populares no colexio.
O alumnado de 6º curso colaborou facendo de monitores dos xogos, e o fixeron moi ben.
Imaxina Cantares!
Este vídeo foi presentado ao concurso Imaxina Cantares! proposto pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nel participou o alumnado de 5º curso coas fotografías realizadas e na gravación do poema.
Noso agradecemento a Xose Lois Romero por permitirnos utilizar o seu tema musical "Branco".
Desexamos que vos guste!
Noso agradecemento a Xose Lois Romero por permitirnos utilizar o seu tema musical "Branco".
Desexamos que vos guste!
Letras galegas 2013
Ademáis se queredes ver o que fixemos no acto principal para festexar o Día das Letras Galegas, podedes visitar a páxina web do colexio.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdetebra/?q=node/394
Un aplauso ao noso alumnado polo seu esforzo e entusiasmo dedicado a esta actividade. Desexamos que vos guste!
NOVAS
Na páxina web da Coordinadora galega dos EDLG móstranos unha nova revista de información escolar chamada "OLLOS DE AULA".
Nesta revista atoparedes resposta a preguntas, que moitas veces as familias se fan sobre o traballo nos centros escolares,e moitas cousas máis en relación a uso da Lingua Galega. Dende o noso equipo vos animanos a que utilicedes un anaco do voso tempo con esta lectura, que podedes atopar no seguinte enlace web:
http://www.slideshare.net/CGENDL
Outono
OUTONO EN TEBRA
O alumnado de infantil decorou un mural de outono cunha exposición de froitos secos e carnosos típicos desta época do ano.
OUTONO BONITO
FOLLIÑAS NO CHAN
CASTAÑAS ASADAS
QUE RICAS ESTÁN.
FOLLIÑAS NO CHAN
CASTAÑAS ASADAS
QUE RICAS ESTÁN.
En outono festexamos Samaín e Magosto, estade atentos ás actividades que vos temos preparadas.
LETRAS GALEGAS 2012.wmv
No CEIP de Tebra festexamos o día das Letras Galegas, lendo e
recitando poemas de Valentín Paz Andrade.
Para rematar a xornada tod@s bailamos unha muñeira,
que previamente o alumnado aprendeu nas clases de Educación Física.
Un aplauso para estes novos bailadores e bailadoras de Tebra!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
