PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE CARTAS AO APALPADOR E AÍNDA QUE NON GAÑAMOS, FOMOS AGASALLADOS CON TRES CONTOS EN AGRADECEMENTO A NOSA PARTICIPACIÓN. MOITAS GRAZAS, APALPADOR!!!
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA REALIZOU UNHA DRAMATIZACIÓN DO CONTO "O CONTO DO APALPADOR" DE LUA SENDE E ALEXANDRE MIGUENS TITULADA "O APALPADOR E OS TRASNOS"PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º, 2º , 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Neste Nadal decoramos o mural con debuxos do Apalpador e os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron unha dinamización lectora do libro " As aventuras do Apalpador: a carballeira dos druidas" de Fernando Cimadevila.
O 11 de Novembro, e seguindo coa tradición, celebramos o Día do Peón coa lectura do Manifesto e facendo bailar os peóns todos xuntos ao ritmo da canción "Como o trompo".
O 24 de Outubro celebramos o Magosto. Despoisde comer ricas castañas tivemos unha xornada de Xogos Populares (Encestar a castaña, Carreira de Sacos, Birlos e O Pano). Como remate xogamos a Encher o bote, que consiste en recoller as cascas das castañas que quedan polo chan.