Este ano os alumnos de 6º de Educación Primaria sorprendéronnos a todos coa elaboración dunha Meca! Temos que recoñecer que quedou fermosísima. Como o ano pasado, as mandas foron acumulativas de xeito que o último día aparecimos disfrazados de bruxa (sombreiro de pico, lunar e roupa escura). Velaquí podedes comprobar neste vídeo o ben que o pasamos.
Día de Rosalía de Castro
O 24 de febreiro, co gallo do homenaxe á figura de Rosalía de Castro, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria fixeron un mural cos versos do poema Adiós ríos, adiós fontes e plasmaron a súa creatividade cunha caricatura da autora.
Apalpador
Concurso de cartas ao Apalpador 2016
Xa chegaron os agasallos do concurso para os premiados polas súas cartas solidarias.
Aquí tendes a carta que lles enviou o Apalpador.
Aquí tendes a carta que lles enviou o Apalpador.
Aquí tendes a entrega dos agasallos aos nenos/as premiados no concurso. Noraboa a todos!
PREMIOS APALPADOR 16/17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Samain 2016
Samain 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O venres 28 de outubro celebramos no noso colexio o Samaín disfrazándonos e cun Concurso de Máscaras terroríficas feitas con material de refugallo. Houbo dez premios e agasallo de consolación para todos os participantes.
MAGOSTO 2016
magosto 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Como todos os anos o venres 14 de outubro celebramos o MAGOSTO comendo
castañas e disfrutando de diferentes xogos populares (A Petancastaña, O
comecastañas, A carreira da castaña , A Mariola da castaña e O Baile da
castaña). Aquí tedes un resumo fotográfico desta celebración...
Xogos Populares 2016
Xogos populares 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O 20 de xuño celebramos a xornada de Xogos populares cos seguintes xogos:
- A PELOTA VOADORA
-O PANO
- O ARO
-OS TRES PÉS
-PASA PERICO
LETRAS GALEGAS 2016
Letras Galegas 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
ESTE ANO CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS CUNHA EXPOSICIÓN DE CALENDARIOS E UN ACTO CONMEMORATIVO AO AUTOR HOMENAXEADO: MANUEL MARÍA.
ACTO CONMEMORATIVO:
*ACTUACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL: "O BIGOTE DE MIMÍ"
*ACTUACIÓN 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: POEMAS (MANUEL MARÍA)
*ACTUACIÓN 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: "GALICIA" (MANUEL MARÍA)
*ACTUACIÓN 3º-4º - 5º EDUCACIÓN PRIMARIA: OBRA DE TEATRO " A BERENGUELA" (MANUEL MARÍA)
*ACTUACIÓN 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: FOTOMONTAXE "O SOÑADOR" (MANUEL MARÍA)
*ACTUACIÓN 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: BAILE "A RODA" (MANUEL MARÍA)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

