ENTREVISTA A MARÍA ALONSO, A TRADUTORA DE MALALA E O LAPIS MÁXICO


Entrevista a María Alonso, a tradutora de Malala e o lapis máxico

O día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, visitounos María Alonso. María traduciu ao galego un libro que conta a historia dunha muller valente e intelixente que loita polos seus ideais, Malala.
María falounos do seu traballo como tradutora e convertémonos en entrevistadoras e entrevistadores por un día. Foi unha experiencia moi interesante!

APALPADOR 2017


Música de Malvela e ilustracións do conto O Apalpador de Xoán G.


DÍA DO PEÓN 2017


Polo San Martiño, celebramos o Día do Peón.

SAMAIN 2017

 ENTREGA DE AGASALLOS



Neste Samaín, os nenos e nenas encheron o cole de personaxes monstruosas.

XOGOS POPULARES 2017

Como cada ano, chegando á recta final do curso, celebramos unha xornada de xogos populares. Ao remate da xornada e para que se refrescasen os participantes, repartíronse uns xeados. Disfrutade do vídeo!

Meco 2017

Este ano os alumnos de 6º de Educación Primaria sorprendéronnos a todos coa elaboración dunha Meca! Temos que recoñecer que quedou fermosísima. Como o ano pasado, as mandas foron acumulativas de xeito que o último día aparecimos disfrazados de bruxa (sombreiro de pico, lunar e roupa escura). Velaquí podedes  comprobar neste vídeo o ben que o pasamos.