Gañadores do Concurso das Letras Galegas 2021
PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS DOS GAÑADORES E O RESTO DE ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
LETRAS GALEGAS 2021 EN TEBRA
Fixemos un mural xigante de Xela Arias....
Dramatizamos relatos do libro Contos ó teléfono de Gianni Rodari, que Xela Arias axudou a traducir por primeira vez ó galego....
PREME AQUÍ PARA VERNOS EN ACCIÓN
Organizamos un concurso de portadas para Educación Infantil e un concurso de relatos para Educación Primaria. Houbo moitísima participación e así quedou o noso corredor!
PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS DOS GAÑADORES E O RESTO DE ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
LETRAS GALEGAS 2021
Este ano as Letras Galegas adícanse a Xela Arias. Que sabedes dela? Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que a coñezades mellor. Preme aquí para ver toda a serie documental.
DÍA DE ROSALÍA 2021
O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cun mural de caligramas no que colaborou todo o colexio. Tamén saímos ó patio a cantar A Rosalía (No bico un cantar). Para ver as fotos e vídeos dese día preme aquí.
ENTROIDO 2021
Así celebramos o Entroido no noso cole: mandas do meco, desfile e discurso do meco!
PULSA AQUÍ para desfrutalo con nós!
O xoves 11/02 traeremos...
O mércores 10/02 haberá que traer...
O martes 9/02 haberá que traer....
O luns 8/02 haberá que cumprir a seguinte manda do meco:
DÍA DA PAZ 2021
O pasado 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da non violencia no noso cole, cantando a nosa propia versión en galego da canción Imagine de John Lennon, grazas á nosa mestra de música.
Se queres escoitala pincha aquí.
NADAL 2020
Este ano, para celebrar o Nadal, organizamos un concurso de postais grupais. Cada clase fixo a súa e expuxéronse para que tódolos nenos e nenas do cole puideran votar a súa favorita.
Despois dun difícil reconto, a postal gañadora foi a de 4º de Educación Primaria! NORABOA! Este grupo gañou un lote de libros para a súa aula, grazas á colaboración do Equipo de Biblioteca. A segunda postal máis votada foi a dos DINOS e a terceira a de 5º de Educación Primaria.
PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!
PREME AQUÍ PARA VER AS POSTAIS E OS GAÑADORES
Finalmente, aínda que este ano non nos puideron visitar os Reis Magos, deixáronnos un buzón real para recoller as nosas cartas e unhas lambetadas para alegrarnos as vacacións. FELIZ 2021!
MAGOSTO 2020
O venres 20 de novembro celebramos o magosto no noso cole.
Aínda que non fixemos os xogos populares coma tódolos anos, si que asamos as castañas que todos aportáchedes. Estaban boísimas!
Tamén xogamos durante toda a semana ó peón nos recreos e coa profe Marta xogamos a diferentes xogos populares. MIRADE QUE BEN O PASAMOS!
PREMEDE AQUÍ PARA VER AS FOTOS





















í.


