O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía coa inauguración da nosa radio, adicando un programa especial a esta gran poetisa.
Escoita o noso programa AQUÍ.
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía coa inauguración da nosa radio, adicando un programa especial a esta gran poetisa.
Escoita o noso programa AQUÍ.
Para ver as fotos dos obradoiros preme AQUÍ.
A semana pasada recibimos unha sorpresa moi especial en Tebra. O alumnado de 5º de Educación Primaria do CEP Plurilingüe Pedro Caselles escribiu cartas en galego ó noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Recibímolas cunha gran ilusión e agora nos toca a nós contestar!
Para ver as fotos preme AQUÍ.
Hoxe celebramos o día da paz en Tebra. Cada grupo traballou un personaxe relevante para a PAZ e fixemos un mural entre todos. Despois xuntámonos todos no pavillón para facer unha sesión conxunta de Ioga dirixida pola mestra de Educación Física.
Para ver as fotos preme AQUÍ.
Ilustración do apalpador. Rosamf. Wikimedia. CC BY-SA.
O pasado venres 2 de decembro celebramos no colexio unha xornada de xogos sensoriais para experimentar en primeira persoa a falta dalgún sentido ou movemento dalgunha parte do corpo e o gran esforzo que conleva para as persoas con discapacidade.
Para desfrutar desta experiencia con nós, preme AQUÍ.
Grazas a esta actividade organizada gratuitamente por Afundación no noso centro, o pasado 16 de novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tomou consciencia da gran tarefa que é administrar as finanzas persoais.
Para ver as fotos dese día, preme AQUÍ.