XOGAMOS Ó TABÚ?

Serás quen de adiviñar?

TEMPADA DE FROITAS

As próximas dúas semanas celebraremos as Semanas da froita no cole e comeremos unha froita diferente cada día! Coñécelas todas?

VIVA O NADAL!

 Antes de marchar de vacacións, deixamos as nosas cartas para os Reis e o Apalpador no buzón real. Tamén fomos ó cine a Vigo e celebramos as badaladas para despedir o 2023. Bo Nadal!

Ilustración do apalpador. Rosamf. Wikimedia. CC BY-SA.


Para ver as fotos preme AQUÍ.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Esta semana celebramos no colexio unha xornada de xogos sensoriais para experimentar a privación de diferentes sentidos e así empatizar coas persoas con diferentes capacidades.

Para desfrutar desta experiencia con nós, preme AQUÍ.



DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o 25 de Novembro quixemos transmitir os nosos desexos contra a violencia de xénero a través da decoración de camisetas con mensaxes en diferentes linguas.

Se queres ver as nosas mensaxes preme AQUÍ.

VIVA O MAGOSTO E A SEMANA DO PEÓN!

 A semana do 6-10 de novembro celebramos a semana do peón no noso cole, xogando durante os recreos e enchendo de selos os nosos carnés de xogadores e xogadoras! 

Por mor da choiva non puidemos celebrar o magosto o 10 de novembro como tiñamos previsto, pero por fin o venres 17 de novembro chegou o momento de asar e degustar as castañas que todas as familias trouxeron! 

E, para rematar a festa, participamos nos xa tradicionais xogos populares do Magosto! 

Preme AQUÍ para ver as fotos.

GAÑADORES DO CONCURSO DE SAMAÍN

Este curso houbo unha participación excepcional e foi dificilísimo escoller ós calacús gañadores. Noraboa a todos os participantes!!!


1º PREMIO: Teo (EI) con A casa da fada da paz.


2º PREMIO: Saúl (1º EP) con A tenebrosa cabaza.


3º PREMIO: Mario (3º EP) con A cagada do calacú.


4º PREMIO: Zaira (1º EP) e Naín (6ºEP) con O doutor Frankenstein.


E como houbo tantos calacús terroríficos, decidimos dar tres premios máis!

 Xavi (2º EP) con Lis.


Celia D. (4º EP) con A calacú asasina.


 Anxo (5º EP) con O morcego calacú.

Para ver o resto das fotos do Samaín no noso cole PREME AQUÍ.


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, a nosa mascota de Bibliotebra deixou pistas por todo o cole para descubrir o PDI deste curso, os medios de comunicación. Despois comezaron a viaxar as mochilas viaxeiras. Nelas atoparedes material en Galego, Inglés e Castelán! 






 Preme aquí para ver as fotos dese día!

ACHÉGASE O SAMAÍN...

Se tedes ganas de pasalo de medo, podedes ler un dos conxuros do libro, ver unha película de meigas ou xogar coas cabazas!!!