INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO
SEMANA DO PEÓN
A semana pasada, dende o luns 11 de novembro ata o venres día 15, tivemos uns recreos aínda máis divertidos do normal...porque celebramos a semana do peón!
Tocounos xogar con nosos queridos peóns, divertímonos moito e aprendemos un montón de trucos novos, ata os mestres e as mestras se animaron!
Esperamos que vos guste este resumos da semana. Se queredes ver como nos divertimos PREME AQUÍ.
MAGOSTO 2024
A pesar da choiva e aínda que tivemos que retrasalo un pouco, o final puidemos celebrar un gran Magosto!
Xa tiñamos ganas de zampar castañas así que as comemos con moito gusto, o bo é que despois fixemos diferentes xogos populares para facer algo de deporte :)
Se queredes ver a nosa celebración e o ben que o pasamos preme AQUÍ.
GAÑADORES DE SAMAÍN 2024
Este curso houbo unha participación excepcional e foi dificilísimo escoller os gañadores. Tivemos moitísimos personaxes misteriosos e terroríficos da nosa cultura galega fancéndonos compañía!
Así que grazas a todos os participantes e as participantes, e noraboa aos gañadores!!!
1º PREMIO: Luca (1ºEP) con A bruxa.
2º PREMIO: Mario (4º EP) con O Tardo de Tebra
3º PREMIO: Saúl (2º EP) con A Santa Compaña
Para ver o resto das fotos do Samaín no noso cole PREME AQUÍ.
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024
O pasado 24 de outubro celebramos a reapertura da BiblioTebra cunha invitada excepcional, Susa Herrera. Moitas grazas por vir a cantar con nós!
Tamén se entregaron as mochilas viaxeiras a tódolos cursos. Comeza a viaxe!
Preme AQUÍ para ver a celebración no noso cole.
CONCURSO DE SAMAÍN 2024
Participación voluntaria e individual (a excepción de irmáns).
Realizarase en casa coa colaboración da familia.
Data límite de entrega o venres 25 de outubro.
Acompañarase dunha tarxeta que inclúa: nome completo, curso e nome do personaxe, escrito en galego.
Valorarase a orixinalidade e a creatividade.
Os premios daranse o 30 de outubro e publicaranse no blog.
Tamén queremos recordarlles que o mércores, día 30, o alumnado de primaria que o desexe poderá vir disfrazado. Infantil fai o disfrace no centro.
Moitas grazas pola súa colaboración e mans á obra!
Un saúdo


.png)




