A LENDA DA BEFANA

Ola, nenas e nenos de Tebra. Queremos contarvos unha historia que ten por protagonista a unha bruxa velliña e sorrinte que lles entrega agasallos no Nadal a todas as nenas e nenos que foron bos durante o ano. Ela chámase Befana e vive en Italia.Os nenos e nenas de 4º de Primaria explícanvos neste vídeo quen é. Estade moi atentos e atentas ao que vos din no final porque pode que pronto a coñezades.