SAMAÍN 2020

 

    Achégase o SAMAÍN e queremos propoñervos un concurso: animamos a todos os nenos e nenas do cole de Tebra que coa colaboración das súas familias graven en vídeo unha pequena historia de medo.

As bases son as seguintes:

- Non se admitirán participacións grupais, a excepción dos irmáns 

-Só se admitirá unha participación por familia

- O prazo para envialo por correo electrónico (edlgtebra@gmail.com)remata o luns 26 de outubro

- No @ incluír ademais do vídeo o nome e curso do alumno/a e o título da historia

** O venres 30 o alumnado de EP poderá vir disfrazado SEN accesorios**