Este ano a nosa mascota, a bruxa Catuxa, tivo un pequeno accidente e a súa vasoira estragouse.
Precisamos a vosa axuda para buscar unha nova vasoira para Catuxa. Para iso convocamos un concurso para buscar a mellor vasoira para a nosa bruxa.
O concurso terá os seguintes requisitos:
- Realizarase con elementos naturais e/ou de refugallo.
- Participación voluntaria e individual (a excepción de irmáns).
- Realizarase na casa coa colaboración da familia.
- Data límite de entrega o luns 27 de outubro.
- Acompañarase dunha tarxeta que inclúa: nome completo do alumnado e curso.
- Valorarase a orixinalidade e a creatividade.
- Os premios daranse o 30 de outubro.
Moitas grazas pola súa colaboración e mans á obra!